andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, novembro 19, 2007

Alberte e Lupe


FOTO: Fernando Blanco para Galicia-Hoxe.

Fai unhas semanas, Lupe Gómez, púxose en contacto comigo para facerme unha entrevista. Quedamos no CGAC e falamos das cores da miña infancia, do 'alento' e de moitas outras cousas, que podedes ler no resultado daquel encontro que se publicou hoxe.

sexta-feira, novembro 16, 2007

1, 2 e até tres


Na miña experiencia foron primeiro os Psicobar, naquelas noites peruginas nunha discoteca do casco histórico. Aló iamos a tratar de psicoloxía dunha maneira lúdica, comodamente instalados nun bar. Logo, da man da incomunidade, chegaron os filo-cafés, para tratarmos, dun xeito artístico temas do máis variado. Agora, eludindo a precisión da cronoloxía, estas Polafías, dende o máis fondo da tradición, adaptadas aos novos tempos e a novas formas de contar cousas, por medio da tecnoloxía.

terça-feira, novembro 13, 2007

Retórica insuficiente para esquecer axiña


Utilizo como título o lema co que bauticei un dos meus minilibros de poemas, porque resume ben todo canto vou deitando nesta bitácora, consciente das miñas limitacións, e das limitacións propias de quen pretende condensar, como a modo de aforismo, unha idea enorme nunhas poucas liñas.
Despois de chegarme este artigo por correo, pensei en insultar un pouco a esa democracia cunha enorme trastenda, que se nos vende como sistema único e incuestionable, e baixo o que nos acomodamos.
Un dos aspectos máis sangrantes da cuestión é a información propagandística que se nos vende no Estado español, sobre o conflicto entre o goberno español e o venezolano. Nun acto de imperialismo renovado, o goberno de España sae en defensa da ultradereita, pedindo respecto para as interioridades dun estado soberano, cando ao mesmo tempo cuestiona as accións dos Estados Soberanos de Latinoamérica, que van a favor dos seus intereses e en contra dos intereses privados de empresas españolas. Asistide ao debate aquí.

sexta-feira, novembro 09, 2007

Corazón salvaxe


O fancine volve estar de actualidade coa aparición de 'zapatiños a motor', unha iniciativa aberta para un novo número 'mutante' que promete saír no 2008. A artesanía do primeiro número, convertíuno nunha verdadeira peza de museo, pero de museo asfáltico, de museo manoseable, do museo emocionante da arte correo.