dicir aldao


O sector lácteo mundial, presionado pola industria da distribución, enfrentouse a unha complicación ao verse na obriga de manter as características propias do leite fresco dentro dun brick, alongando a vida útil do produto.

Dicir Lucía Aldao é describir a revolta do leite fresco dentro do envase, loitando por saír e manifestarse tal e como é, cru. Crudeza que se manifesta, primeiramente nunha voz permanentemente rouca, no compromiso con todos os sexos e na súa especial inclinación polos cubatas.
Escoitar a Lucía Aladao, é desfrutar dunha canción de Janis Joplin, rasgada nas cordas dunha guitarra.

Digresión: o simil co leite se cadra non se corresponde coa Horchata da foto, pero a horchata, ou polo menos a planta da que sae a horchata, si garda certa relación co sector lácteo, polo menos en Galiza. Explícome, a horchata extráese dunha planta, que ten por nome científico Cyperus esculentus. Na Galiza, unha das maiores dores de cabeza dos gandeiros vén dunha planta chamada Xunca, tremendamente invasiva e que afecta aos terreos de millo, principalmente, aínda que non en exclusiva. O nome científico da xunca é Cyperus rotundus, que, como vedes, é da mesma familia que a da horchata, e de aí o simil que expuxen nun principio. Deformación profesional.

Comentários