andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, outubro 31, 2007

'Os tres do eixo' cara a historia das mobilizacións cidadás


A todos/as aqueles/as que nalgún momento nos vimos implicados/as, dalgunha maneira, nun caso semellante ao dos 'Tres do Eixo', énos inexcusable o feito de non mostrar o noso máis absoluto apoio ás persoas represaliadas. Sinto non telos acompañado até Teixeiro.

A amiga Lara, elaborou un documento sobre os acontecementos. Agardando a que o comprima un pouco para colgalo da bitácora, achégovos o enlace para que podades botarlle un ollo.
A prepotencia das forzas da 'orde', non pode eclipsar a verdadeira xustiza, evidentemente non esa que se inventaron para someternos.


domingo, outubro 28, 2007

serán do sábado, noite de teatro


Ultimamente estase a falar moito de teatro. Dende o meu máis absoluto descoñecemento, quedeime cunha frase de Jaureguizar, 'e disque o Igaem ten claro que música enche locais en todo o país, mentres que o teatral é un fenómeno caro e para público santiago-naronés', que me fixo lembrar os meus tempos en Ferrol, no que o teatro, en Narón, era unha cita case inexcusable. Si, eu era dos moitos que pagabamos menos que por unha entrada de cinema para acceder á sala do pequeno teatro vilán. Descoñezo se en Narón se conxugában unha serie de forzas descoñecidas, para que houbese unha afluencia masiva, aqueles seráns de sábado, naquel frío lugar. Digo frío, porque á noitiña, unha brétema meste cubría o entorno e facía desapacible permanecer fóra dun lugar cuberto. Se cadra, era por iso que a xente acodía ao teatro. O caso é que aló iamos todos e todas, como nun ritual, a desfrutar daquelas engaiolantes historias. O que eu, a estas alturas, me pregunto é se en lugares como Narón a tempada de teatro ten vida propia, como é que no resto do país, semella non existir devoción por esta arte? Pregunta inocente de máis, se cadra, para agardar resposta, pero nunha comarca na que o concerto de Bustamante, polas festas locais, non contou coa asistencia masiva que se agardaba, o teatro galego, si consegue cheos absolutos.

sábado, outubro 27, 2007

quinta-feira, outubro 25, 2007

ampliando o abano

Dende que A porta verde do sétimo andar sacara a súa primeira publicación, un libro de poemas no que, como sabedes, participan Luís Viñas, Minus-bálido (A.Rodríguez), Manolo Pipas, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Abilio Rodríguez, Rosanegra (Rosa Martínez), Elvira Riveiro Tobío e Alberte Momán, aumentaron xa os lugares onde vos podedes facer cun exemplar.
Agora, ademais de solicitalo por correo electrónico, podedes adquirilo en:


Galería SARGADELOS Vigo (Urzáiz, 17)

A Cova dos Ratos - en Vigo (Romil,3)

Libraría Limiar (Venezuela, 33) Ultramar – Ferrol


En breve esta lista engrosará, grazas a máis librarías e centros sociais colaboradores.

sábado, outubro 20, 2007

minutos musicais

"Tri Yann La Découverte Ou L'ignorance lyrics"

Le breton est-il ma langue maternelle ?
Non ! Je suis né à Nantes où on n'le parle pas.
Suis-je même breton ???... Vraiment, je le crois...
Mais de pur race !!!... Qu'en sais-je et qu'importe ?
Séparatiste ? Autonomiste ? Régionaliste ?
Oui et non... Différent...
Mais alors, vous n'comprenez plus :
Qu'app'lons-nous être breton,
Et d'abord, pourquoi l'être ?

Français d' état civil, je suis nommé français,
J'assume à chaque instant ma situation de français.
Mon appartenance à la Bretagne
N'est en revanche qu'une qualité facultative
Que je peux parfaitement renier ou méconnaître...

Je l'ai d'ailleurs fait...
J'ai longtemps ignoré que j'étais breton...
Français sans problème,
Il me faut donc vivre la Bretagne en surplus
Et pour mieux dire en conscience...
Si je perds cette conscience,
La Bretagne cesse d'être en moi.
Si tous les bretons la perdent,
Elle cesse absolument d'être...

La Bretagne n'a pas de papiers,
Elle n'existe que si à chaque génération
Des hommes se reconnaissent bretons...

A cette heure, des enfants naissent en Bretagne...
Seront-ils bretons ? Nul ne le sait...
A chacun, l'âge venu, la découverte... ou l'ignorance !


Interrompeuse a conexión, polo que dedicamos uns minutos musicais, agardando o regreso do sinal.
É o momento de visitar o baño, pois non haberá paradas no camiño. Dase un xiro inesperado. A Intransixencia, a perda de Conciencia, ambas con letras capitais, ven amiazada a súa hexemonía, en favor de tod@s. O SLG, abre o abano con novas expectativas de cambio. O luns máis.


quinta-feira, outubro 18, 2007

dicir aldao


O sector lácteo mundial, presionado pola industria da distribución, enfrentouse a unha complicación ao verse na obriga de manter as características propias do leite fresco dentro dun brick, alongando a vida útil do produto.

Dicir Lucía Aldao é describir a revolta do leite fresco dentro do envase, loitando por saír e manifestarse tal e como é, cru. Crudeza que se manifesta, primeiramente nunha voz permanentemente rouca, no compromiso con todos os sexos e na súa especial inclinación polos cubatas.
Escoitar a Lucía Aladao, é desfrutar dunha canción de Janis Joplin, rasgada nas cordas dunha guitarra.

Digresión: o simil co leite se cadra non se corresponde coa Horchata da foto, pero a horchata, ou polo menos a planta da que sae a horchata, si garda certa relación co sector lácteo, polo menos en Galiza. Explícome, a horchata extráese dunha planta, que ten por nome científico Cyperus esculentus. Na Galiza, unha das maiores dores de cabeza dos gandeiros vén dunha planta chamada Xunca, tremendamente invasiva e que afecta aos terreos de millo, principalmente, aínda que non en exclusiva. O nome científico da xunca é Cyperus rotundus, que, como vedes, é da mesma familia que a da horchata, e de aí o simil que expuxen nun principio. Deformación profesional.

sábado, outubro 13, 2007

readgalicia.com














Onte presentouse en Frankfurt, a páxina que a Consellería de Cultura e a AGE puxeron a funcionar para dar a coñecer a literatura galega no exterior. Nese espazo, está presente a Difusora de Letras Artes e Ideas, e con ela 'O alento da musa'.

quinta-feira, outubro 11, 2007

'Festas' para a reflexión

Derrube da estatua de Colón na cidade de Caracas, no día da Resistencia Indíxena (14 de Outubro de 2004)

Os que relacionamos España coa aniquilación dos dereitos máis elementais dos pobos, ben sexan as Nacións que conforman o Estado, ou os de alén mar, sometidos dende hai máis de cinco séculos, consideramos o día 12 de outubro un motivo, máis que festivo, de reflexión fonda, para artellar novos xeitos de recuperación da nosa identidade propia.
As continuas agresións que o Estado reproduce nos territorios peninsulares ocupados inxustamente, son motivo de reivindicación continua, de restitución dos dereitos de libre expresión (para que a estrutura de Estado, así como a innecesaria monarquía, non sexan temas vetados no diálogo social), a liberdade de organización (sen leises de partidos e asociacións que pretenden establecer un control absoluto sobre o contido e actividades dos mesmos), a apertura dun proceso aberto para o debate que favoreza a consolidación de Galiza, Euskal Herria e Catalunya, como Nacións claramente diferenciadas.
Deste xeito, salientar que o peche de xornais ou a ilegalización de partidos, así como encarceramento da súa militancia, non favorecen en absoluto á apertura pacífica do diálogo social, polo que, o 12 de outubro, deberá ser un día para solicitar do goberno español, que recapacite sobre as decisións tomadas ao respeito dos acontecementos dos últimos días, co fin de erradicar a violencia que consome os azos da poboación en Euskal Herria.

segunda-feira, outubro 08, 2007

comprar libros

Hai algún tempo, falando con algunha xente, preguntábanme por que teimaba en comprar todos os libros que quería ler, xa que existen bibliotecas e, ademais, maiormente os libros lense unha vez e despois fican esquecidos nun andel? Ben, naquel momento, tan só acertei a dicir que me gustaba reler partes dos libros que compraba, que xustamente compraba determinados libros, porque era e son consciente de que xustamentente eses non van ser esquecidos nun andel. A cuestión é que non merco todo canto sae, tento mercar só canto me gusta e sei que me gustará en tempo ilimitado, polo que o feito de adquirir o libro, vaime permitir acceder a aquelas partes do mesmo que me resultan máis inspiradoras. Para o resto, certamente están as bibliotecas. Tamén é certo que non compro todo canto me gustaría. Por unha parte porque o meu salario é limitado, moi limitado e por outra, sempre ligada á primeira das razóns expostas, porque teño o vicio de comer.

Na defensa desta miña tese de adquisición de libros, aparece unha recomendación de Ducon, sore un libro de Slavoj Žižek, O espectro segue a roldar. Comprado ao pouco de saír, permanecía aparcado nun andel, sempre agardando unha relectura. Como libro complicado, as relecturas máis que un simple pracer, son unha necesidade.
Unha vez lin o comentario de Ducon, fun inmediatamente ao andel, na procura do volume e comecei a reler, escollendo páxinas ao chou e enganchándome, axiña, ao desenvolvemento da idea. Deste xeito, fixen os meus porpios paralelismos, achegando as ideas de Žižek á miña realidade máis inmediata. Así, aló onde el falaba da idea de Marx das diferencias que crea o Capitalismo entre o valor de uso e o valor de cambio, eu establecín as diferencias entre o valor real e o especulativo, facendo referencia ao prezo da vivenda en compra-venda, idea que me rolda pola cabeza dende hai unhas semanas. O valor de cambio, ou o especulativo no meu caso, resulta ser, asegundo tamén o razonamento de Slavoj, irreal, xa que non segue as pautas que marcan as necesidades da poboación, e medra a expensas das mesmas. Tamén seguindo o razoamento do libro, esta diferencia entre os valores de uso e de cambio, reproducen crises cada vez maiores, sempre internas e inherentes ao propio capitalismo, pero do que este último é que de sacar beneficio. A costa, tamén se segundo o meu criterio, dos mesmos pobres que son incapaces de satisfacer as súas necesidades máis básicas.

sexta-feira, outubro 05, 2007

entrevista de Arantxa Serantes














Foto: Presentación de 'O alento da musa' no Ateneo de Ferrol

De dereita a esquerda: Arantxa Serantes, Rosa Méndez e Alberte Momán.


A Bitácora de 'O alento da musa', recolle unha entrevista, que publica a web da Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro, que me fixo Arantxa Serantes, falando do meu último libro.



quinta-feira, outubro 04, 2007

nessun dorma

hai cambios para que nada cambie. Para que quen teña que permanecer calado se confirme na súa postura. Non vou ser eu quen desprece o traballo de moti@s. Deus me libre!!! Pero quixera un cambio, certamente, e nel reflectir o dereito de tod@s, porque a equipa son moit@s máis, tamén os que dan en marchar e aínda que o fagan, ou o fagamos (se nos 'invitan' a facelo).
Que ninguén durma, se existe esperanza, de existir

Ma il mio mistero é chiuso in me,
Il nome mio nessun saprà!
No, no, sulla tua bocca lo dirò
Quando la luce splenderà!




terça-feira, outubro 02, 2007

love song

Arquivo do blog