o efecto iguana


Xa vai o primeiro aniversario da aparición do suplemento cultural do xornal A Peneira, Kalaikia. Aló vai o primeiro ano, e con el traspasamos o ecuador do transcorrer da miña novela, O Efecto Iguana, que se lle axunta a cada número. Aquel efecto iguana dun Lugo de fiestra a un patio interior, de espazos reducidos e non tanto, de viños a media mañá, coas sempre reconstituíntes tapas. Aquel efecto iguana pasou, pero non a historia que entra na súa recta final, da man dun magnífico traballo de composición dun tan necesario suplemento.

Comentários