Manifestación 30 de setembro contra a localización actual da planta de REGANOSA




Convocados polo

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ,

o próximo Domingo 30 de Setembro, ás 12 da mañá,

moitísimos galegos e galegas,

manifestarémonos

desde o porto ó Concello de Ferrol,

demandando:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á
Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao
Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao
Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

!!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

NON FALTES

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA

Comentários