biodiésel



Ademais destes problemas, subida dos prezos e a conseguinte especulación por parte dos alamcenistas de cereais (almacenando grandes cantidades para manipular o prezo mundial), temos un perigo ambiental, derivado das grandes extensións de monocultivo precisas para satisfacer, as cada vez maiores, necesidades enerxéticas mundiais. Para facer máis comprensible este último punto, podemos utilizar o símil do proceso de eucaliptalización sufrido en Galiza nas últimas décadas, e os problemas derivados deste proceso, como a perda da biodiversidade natural e a degradación dos solos,perda de recursos hídricos e demais.
As enerxía coñecidas como renovabeis, non o son tanto se consideramos o aumento das necesidades enerxéticas mundiais, aumento que semella non ter final. Dende logo, a mellor medida para o control da contaminación ambiental, debe, sen dúbida, pasar pola redución do consumo enerxético, materializado na diminución dos desprazamentos (utilización de transportes de masas, fomento do comercio de circuito curto...), racionalización do proceso de construción das nosas cidades, das nosas vivendas...

Comentários

Anônimo disse…
cando os carros de luxo van estar millor alimentados que os nen@s en Sudán...