actos contra a actual localización de reganosa

COMITÉ DE EMERXENCIA PARA ARÍA DE FERROL

xoves 20 de Setembro

Proxección de “O salario do silencio”. ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, organiza: Colectivo Fusquenlla, presentado pola actriz e produtora do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

venres 21 de Setembro
Proxeción pública : "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro.

21 e 22 de Setembro
Celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será a pregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

sábado 22 de Setembro
Reunión de intelectuais e artistas, xente das letras e da cultura,
ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, para asinar – nun acto aberto ó público e ós medios de comunicación, un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.

domingo 30 de Setembro
Ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁ, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".

*Festival Fervesteiro
Programa do 5º Fervesteiro


Venres 21

15:00h:
Apertura do espazo para graffities.
Na porta do asteleiro.

21:00h:

Cinema ao aire libre: "O salario do silencio". documental sobre a loita contra a planta de gas na ria de Ferrol.
Na praza do hinno galego.

22:00h:
Concertos.
Maladromena.(Hip-hop desde Compostela).
Lost psychotics( Punk-rock desde Ferrolterra).
Aljashsue and the visionaries.( Reagge-roots-ska desde A coruña).
Na porta do asteleiro.


Sabado 22

19:30h:
Roteiro polo barrio de esteiro.
Saida da porta do asteleiro.

22:00h:
Intervencion de Luz Mariña Torrente, membro do comite cidadan de emerxencia para a ria de Ferrol, e presidenta da AA.VV cruceiro de Mea, que levan dous meses ocupando o edificio do concello de Mugardos, en protesta pola ubicacion da planta de gas de Reganosa.
Na porta do asteleiro.

22:15h:
Cocertos.
Presa facil(rock de Ferrol).
Essenzia de lapo(Punk-glamour desde Vigo).
Som do galpom(Folck-fusion desde Compostela).
Dr Funkestein(Funk de Ferrolterra).
Na porta do asteleiro.

Ademais destas actividades, habera mercadillo artesanal, e tamen de colectivos. Entre grupo e grupo se proxectaran documentais e fotografias da loita contra a planta de gas. Asi como pinchadas varias despois dos concertos.
O espazo para os concertos esta cuberto baixo carpa, asi que si chove imos bailar igual!

Que aproveite.
A RIA E NOSA, E NON DE REGANOSA!!!!!!!!!!!!!

Fontes:
http://www.fucobuxan.com
http://www.fervesteiro.org/

Comentários