andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, setembro 27, 2007

Manifestación 30 de setembro contra a localización actual da planta de REGANOSA




Convocados polo

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ,

o próximo Domingo 30 de Setembro, ás 12 da mañá,

moitísimos galegos e galegas,

manifestarémonos

desde o porto ó Concello de Ferrol,

demandando:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á
Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao
Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao
Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

!!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

NON FALTES

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA

quarta-feira, setembro 26, 2007

do monte á vila



o voluntariado que durante todo o vran estivo a roldar os montes galegos, na procura de manter a súa integridade, está de festa. Descoñezo se o de ter os pés na lama formaba parte dalgún estudo para testar as cualidades terapéuticas da lama provinte de terreos ardidos, pero cando menos semellan estar contentos, o que xa é un logro, nos tempos que corren. Se ese é o resultado do que poderiamos chamar 'o efecto voluntario', apuntareime para o ano.

domingo, setembro 23, 2007

semana de actos



despois de estar o luns 17 en Porto, nun acto contra a Política Agraria Comunitaria, que coincidía cun cumio de Ministros europeos, podo dicir que esta semana tocou viaxar para estar neses lugares nos que era importante a máxima presenza posible.
o xoves día 20, na presentación en Vigo do libro 'A porta verde do sétimo andar'. Na que lemos textos e falamos do colectivo diante dunhas trinta persoas que quixeron estar con nós nestes comezos.

O sábado, pola contra, marchei para Ferrol, para apoiar todas as reivindicacións e mobilizacións que xurden da organización da cidadanía da comarca de Trasancos e alén, para lograr que a planta de gas que Reganosa ten en Mugardos, cambie a súa localización, situándose no porto exterior de Caneliñas.
Unha vez máis, mobilizacións contra a xestión corrrupta dos bens públicos, neste caso o territorio, que amiaza a seguridade e o benestar dos viciños de Mugardos e Ferrol.

quarta-feira, setembro 19, 2007

actos contra a actual localización de reganosa

COMITÉ DE EMERXENCIA PARA ARÍA DE FERROL

xoves 20 de Setembro

Proxección de “O salario do silencio”. ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, organiza: Colectivo Fusquenlla, presentado pola actriz e produtora do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

venres 21 de Setembro
Proxeción pública : "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro.

21 e 22 de Setembro
Celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será a pregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

sábado 22 de Setembro
Reunión de intelectuais e artistas, xente das letras e da cultura,
ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, para asinar – nun acto aberto ó público e ós medios de comunicación, un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.

domingo 30 de Setembro
Ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁ, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".

*Festival Fervesteiro
Programa do 5º Fervesteiro


Venres 21

15:00h:
Apertura do espazo para graffities.
Na porta do asteleiro.

21:00h:

Cinema ao aire libre: "O salario do silencio". documental sobre a loita contra a planta de gas na ria de Ferrol.
Na praza do hinno galego.

22:00h:
Concertos.
Maladromena.(Hip-hop desde Compostela).
Lost psychotics( Punk-rock desde Ferrolterra).
Aljashsue and the visionaries.( Reagge-roots-ska desde A coruña).
Na porta do asteleiro.


Sabado 22

19:30h:
Roteiro polo barrio de esteiro.
Saida da porta do asteleiro.

22:00h:
Intervencion de Luz Mariña Torrente, membro do comite cidadan de emerxencia para a ria de Ferrol, e presidenta da AA.VV cruceiro de Mea, que levan dous meses ocupando o edificio do concello de Mugardos, en protesta pola ubicacion da planta de gas de Reganosa.
Na porta do asteleiro.

22:15h:
Cocertos.
Presa facil(rock de Ferrol).
Essenzia de lapo(Punk-glamour desde Vigo).
Som do galpom(Folck-fusion desde Compostela).
Dr Funkestein(Funk de Ferrolterra).
Na porta do asteleiro.

Ademais destas actividades, habera mercadillo artesanal, e tamen de colectivos. Entre grupo e grupo se proxectaran documentais e fotografias da loita contra a planta de gas. Asi como pinchadas varias despois dos concertos.
O espazo para os concertos esta cuberto baixo carpa, asi que si chove imos bailar igual!

Que aproveite.
A RIA E NOSA, E NON DE REGANOSA!!!!!!!!!!!!!

Fontes:
http://www.fucobuxan.com
http://www.fervesteiro.org/

misericordia divina. arte de facer escravos


a excepcional Nina Simone, na extraordinaria Sinnerman, déixanos a clave da estratexia cristiá, o medo. O pecador corre na procura dun lugar onde agacharse. A rocha rexéitao, o río sangra, e o mar ferve. A desesperación fai que chegue o tempo da pregaria ao altísimo, e este mandao a falar co demo. O pecador, lonxe de analizar a fonte do problema, pregúntalle á rocha, cal é o seu problema?

So I run to the lord
Please help me lord
Dont you see me prayin
Dont you see me down here prayin

But the lord said
Go to the devil
The lord said
Go to the devil
He said go to the devil
All on that day

So I ran to the devil
He was waiting
I ran to the devil he was waiting
I ran to the devil he was waiting
All on that day




terça-feira, setembro 18, 2007

OS DIAS DA CRIAÇÃO

OS DIAS DA CRIAÇÃO
Artes de Trás-Os-Montes e León
22 e 23 Setembro 2007
As cadências de leva que os placards atordoam, perturbando e largamente castrando desejos próprios, podem ser pelo menos interrompidas este fim-de-semana em Vilar, Boticas, Trás-os-Montes. Os iónicos milhões de lugares de onde a imaginação emigrou, esperam, não pela intervenção sobre, mas pela quântica.
Estar n' Os Dias da Criação, em matriz transmontano-leonesa, pode constituir um avanço científico se as múltiplas identidades arbóreas forem abraçadas sem fumos de utilidade. Poderíamos usar outras caracterizações, mas as árvores – as tais que nem pelo fogo perdem a raiz – parecem estabelecer um diaporama onde podemos colher a sagesse, pedindo emprestado aos carvalhos e seus druidas. " Tengo Algo de Árbol / Tenho Qualquer Coisa de Árvore" é o belo verso que Silvia Zayas escolheu para título de uma selecta de poetas leoneses que será apresentada n' Os Dias da Criação, em edição bilingue castelhano/português. Aí se ramificam poetas de León, desde António Gamoneda a Gaspar Moisés Gomez e Silvia Zayas, passando por mito-fornecedores como José Luís Puerto ou Juan Carlos Mestre e sócio-desiludidos como Tomás Sánchez Santiago.
Poderíamos dizer que a criação é a seiva? Este antigo lugar de denominação expedido quando o ar livre ainda não estava condicionado pelos triliões de sinais, ondas, satélites e outras poluições, talvez resgate a alquimia necessária à sobrelotação emocional da interioridade. Aí talvez resida a impossível habitação dos eremitérios – transmontanos e leoneses – desafiando o olho ogival dos echelons controleiros. As performances de Rosário Granell, Nuria Antom ou Isabel Fernandes Pinto sulcam ares e desares na paleta dos instantes irrepetíveis.
Que pulverizam as nuvens que aleitam os rios, línguas de comunicação, do minho ao douro, numa sequência de actividades humanas talvez conhecida como história. Desse fluido, em português sedimentado a partir do século doze, comunicarão o dramaturgo Abel Neves, o pensador e ensaísta Alexandre Teixeira Mendes, o poeta mirandês Amadeu Ferreira, o cantor do douro António Cabral, o escritor Bento da Cruz e o historiador Carlos Llamazares. Um passado interrogado para que algum futuro seja nomeável.
E em imagens fixo. A presença videográfica de autores como Angélica Liddell, Pedro Sena Nunes, Jesus Dominguez ou Sara Jess, garante o movimento da perenidade. A eles se juntam 14 jovens cineastas que no correr de 2007 cheiraram terra de barroso para depois a plasmarem em curtos documentais que serão exibidos na manhã de dia 23 e onde os actuantes não foram sujeitos a castings e outras necessidades comerciais.
Na tarde de sábado, pintura, fotografia, escultura, artesanato e outras artes visuais, estender-se-ão pela Eira Longa, em espelho ou desafio à pedra, ao verde e ao castanho, instalações relacionais em mistura de psique, pelas mãos de Deborah Nofret, Gerardo Queipo, Carla Mota, Adriana Henriques, o grupo Ravar, entre dezenas de outros autores que assim se publicam nas paredes do vento.
O espectáculo de Música, Performance e Teatro, dia 23, às 21h30, é o único momento que decorre fora de Vilar. Realizar-se-á no Auditório de Boticas que conhecerá, então, a voz do bardo Aurelino Costa, a interpretação vivida em canto por Alexandra Bernardo, o cabaret de Pepa Yañez, o trio musical de música antiga Sirma, entre os diversos criadores presentes.
Como perfume de uma América Latina poeticamente poderosa, estará a jovem poeta venezuelana Estrella Gomes que assim inaugura a presença latino-americana em Os Dias da Criação.
A organização
Inf:
Tm: 965817337
Tm: 960238922
Fixo: +351.276415979


incomunidade
http://incomunidade.blogspot.com
Tm: (00351) 965817337

quinta-feira, setembro 13, 2007

biodiésel



Ademais destes problemas, subida dos prezos e a conseguinte especulación por parte dos alamcenistas de cereais (almacenando grandes cantidades para manipular o prezo mundial), temos un perigo ambiental, derivado das grandes extensións de monocultivo precisas para satisfacer, as cada vez maiores, necesidades enerxéticas mundiais. Para facer máis comprensible este último punto, podemos utilizar o símil do proceso de eucaliptalización sufrido en Galiza nas últimas décadas, e os problemas derivados deste proceso, como a perda da biodiversidade natural e a degradación dos solos,perda de recursos hídricos e demais.
As enerxía coñecidas como renovabeis, non o son tanto se consideramos o aumento das necesidades enerxéticas mundiais, aumento que semella non ter final. Dende logo, a mellor medida para o control da contaminación ambiental, debe, sen dúbida, pasar pola redución do consumo enerxético, materializado na diminución dos desprazamentos (utilización de transportes de masas, fomento do comercio de circuito curto...), racionalización do proceso de construción das nosas cidades, das nosas vivendas...

segunda-feira, setembro 10, 2007

o efecto iguana


Xa vai o primeiro aniversario da aparición do suplemento cultural do xornal A Peneira, Kalaikia. Aló vai o primeiro ano, e con el traspasamos o ecuador do transcorrer da miña novela, O Efecto Iguana, que se lle axunta a cada número. Aquel efecto iguana dun Lugo de fiestra a un patio interior, de espazos reducidos e non tanto, de viños a media mañá, coas sempre reconstituíntes tapas. Aquel efecto iguana pasou, pero non a historia que entra na súa recta final, da man dun magnífico traballo de composición dun tan necesario suplemento.

sexta-feira, setembro 07, 2007

O ollo de Giordano Segneri

buscando na rede por eses vellos amigos inesquecibles, atopei o ollo de Giordano Segneri, nada polo momento de Pierpaolo Piras, Gianluca Montuoro, Luciano Martella ou Marta Moro, pero sei que andan por aí a facer cousas interesantes, porque tiñan a capacidade e a vontade para facelas. O último que souben de Giordano, por exemplo, era que andaba por Gabón, cunha campaña de prevención do SIDA. De Pierpaolo pouco souben dende que marchou para Panamá contratado polo Banco Mundial. Sei que Luciano volveu a Chieti, malia andar á procura de traballo en Valencia, por mor dunha moza da que quedara prendado. De Gianluca pouco sei, tan só o pouco que contaba nunha mensaxe no 2001, atopándome eu en Moscova, na que me felicitaba a Pascua. E de Marta, quen sabe? Faláranme que estaba en Roma facendo os coros para grupos nunha discográfica, pero nin iso é seguro.
Acontece coa xente coa que levo tempo sen falar, que son tantas cousas as que podería dicir que remato, finalmente, por non dicir nada. Aquel@s que me coñecen saben que son máis ben pouco falador e que nunca atopo as palabras axeitadas cando coincido con algún coñecido, preferindo, ás veces, perderme entre a multitude para non procurar unha situación incómoda cos meus silencios.
Algún día collerei o teléfono para chamar a todas aquelas persoas ás que, nalgún momento da miña vida, debín falar e, por calquera razón absurda (moi propia de min), non falei. Un día chamarei a tod@s @s meus amig@s, cos que fun perdendo contacto co tempo, por ese meu medo absurdo co reencontro e a separación conseguinte, e direilles todo canto desexei dicirlles nestes anos de distanciamento.
Preparádevos, fareino. Logo fuxirei da conta de teléfono a un lugar onde non haxa bancos, nin teléfonos, por suposto.

terça-feira, setembro 04, 2007

PortuGaliza

domingo, setembro 02, 2007

imaxes

revisando as fotos do arquivo de Azu, descubrimos esta imaxe de Xavier Paz e máis eu, na Livraria Torga, o día da presentación de 'O alento da musa' en Ourense.








Tamén atopamos estoutra, daquela sesión de fotos que me pedira Azu, para un traballo. O meu primeiro 'espido'. Fora divertido.




Arquivo do blog