apocalypse now

Buscando unha forma poética para cagarme en todo, atopei... e que había atopar?

bañámonos na fonte
pola que pasan as horas do día
e da noite

virás na nosa procura
cos ollos abertos
soñando con estoutra saída

fronte á túa porta
agardarás cunha camisa branca

(asubiade, gritade, partídeme a boca- e logo que? Eu sempre vos direi que sodes uns borregos. Manifesto Canibal Dadá. Francis Picabia)

ficamos pechados moito tempo
a luz fala das flores
e ten forma de fármaco

(os viajantes que chegam/ao/Joe's Bar/não trazem sinais de grande sabedoria. Um olhar no Joe's Bar. Rogério Carrola)

os pasos son un círculo
as mans caen pesadamente
o chan sempre soubo envolvernos

(di ogni strada rivelami il mistero. Milano manaus. Figli di madre ignota)




Comentários