Kalaikia, suplemento cultural de A Peneira, chega ao número 10

O xornal A Peneira, de tirada quincenal, saca entre as súas páxinas o número 10 do suplemento cultural Kalaikia. Con el, chega á rúa o capítulo número 11 do 'Efecto Iguana', novela por entregas da que son autor.
Trátase dun relato fantástico, no que unha vila enteira vese baixo o xugo do poder absoluto dos xestores dunha fábrica de calzado. Desta estrutura inicial, intúese un entramado xerárquico complexo baixo un réxime totalitario.
Da sociedade uniforme que o réxime instaura, xurde unha persoa que, sen saber moi ben as razóns que o levan a facelo, substitúe o seu número de identificación por un nome real, Narciso, feito que lle permitirá ir descubrindo a sociedade na que vive.

Comentários