Il figlio di Bakunìn


Hai anos, durante a miña estadía en Perugia, unha miña compañeira de piso, sarda, para máis señas, agasalloume un libro de Sergio Atzeni. Pouco sabía eu deste autor naquel momento, algo máis sei hoxe. Pero a lectura daquel libro, Il figlio di Bakunìn, deixoume pegada tan fonda, que levo dende aquela querendo traducilo para o galego.
Hoxe, día de insomnio, como tantos outros, espertei, a iso das seis da mañá, co nome de Sergio Atzeni na cabeza. Inmediatamente erguinme para buscar o libro que Marta me agasallara, pero non o atopei. Fiquei pensando un anaco, para tentar á memoria, e finalmente concluin que estaba en Ferrol. As múltiples mudanzas destes últimos anos, fixeron que o deixase esquecido no único sitio que non mudou, a miña casa natal. A próxima vez que me achegue aló, tentarei darlle vida a esa vella obsesión.

Comentários