andas á procura?

Búsqueda personalizada

sexta-feira, junho 29, 2007

O 'alento' en Compostela. Crónica















Entramos na Galería Sargadelos a rir e saímos do mesmo xeito. Sentamos e falou Xavier, logo falei eu e, finalmente, houbo intereacción. O compañeiro Dacal animouse a comezar o debate, e aló estivemos até que o reloxo marcou a hora de marchar. Continuamos a falar nunha cafetería próxima, onde demos en analizar o país, dende distintos puntos de vista, demos en lembrar vellos tempos e outros non tan vellos. Logo chegou a despedida, coma sempre, con contagotas, sempre a falar da situación do país, da produción literaria. E foi nese punto no que fiquei a pensar, só por un momento, xa que fomos tomarlle uns viños e a cousa xa non quedou para grandes reflexións, só para anécdotas e historias varias que animaron a noite. Pero á mañá retomei o pensamento que abandonara a noite anterior. Pensei nuns premios literarios atípicos, dada a grande produción literaria deste país e o alto grao de descoñecemento que existe dela. Pensei en dúas categorías:
  1. Premio ao/á máis descoñecido/a. Para recoñecer o traballo daquel autor ou autora que, malia sacar a público a súa obra, continúa sendo un/unha auténtico/a descoñecido.
  2. Premio ao/á grande descoñecido/a. Co que se pretende dar a coñecer a aquelas persoas que, malia posuir unha importante e salientable obra literaria, non gozan do recoñecemento debido.

Polo tanto, e dende xa, ficades convidados a emitir o voso voto, co nome e breve referencia bioblibliográfica da persoa que considerades que debería optar a cada unha destas categorías. Ánimo. Vaiamos na procura dos/as descoñecidos/as deste país.

quinta-feira, junho 28, 2007

segunda-feira, junho 25, 2007

house of fun


pre-san xoan en Compostela fortemente armados, facendo pombas de millo á grella con banda sonora.






sexta-feira, junho 22, 2007

presentación de 'O alento da musa' en Compostela


Agora na miña vila de adopción. 'O alento da musa' vai ser presentado en Compostela. Será na Galería Sargadelos, este xoves 28 de xuño, ás 20 horas.

quinta-feira, junho 21, 2007

en cuestión de tempos

Como ben dicía a canción hai un tempo para camiñar e un tempo para correr. Pero era esa mesma canción a que chamaba pola cautela, para non realizar movementos demasiado rápidos e imprudentes.
Para min todo se reduce a unha cuestión de escolla. Non hai movementos o suficientemente rápidos como para entramar calquera tipo de perigo, se a escolla é adecuada. Do mesmo xeito, a axilidade e a capacidade de dar unha rápida resposta, poden interesar en determinados momentos.
Malia todo, sempre é tempo de camiñar, de tirar do carro dos acontecementos, tentando, incluso, collerlles a dianteira (pola esquerda, debería engadir), para non ter que coller as cousas segundo veñen, é poder cambialas de rumbo antes de que se materialicen. De aí a importancia da escolla, non vaiamos acabar correndo en dirección aposta á posible chegada dos acontecementos, xa que podería interpretarse como un acto de covardía.
É tempo, polo tanto, de escolla, de seguir un camiño, de construír o propio futuro. Non é?

Take it as it comes


Time to live
Time to lie
Time to laugh
Time to die

Take it easy, baby
Take it as it comes
Don't move too fast if you want your love to last
You've been movin' much too fast

Time to walk
Time to run
Time to aim your arrows
At the sun

Take it easy, baby
Take it as it comes
Don't move too fast if you want your love to last
You've been movin' much too fast

Go real slow
You like it more and more
Take it as it comes
Specialize in havin' fun

Take it easy, baby
Take it as it comes
Don't move too fast if you want your love to last
You've been movin' much too fast
Movin' much too fast
Movin' much too fast

the doors

Permitídeme que me remita ao que Xurxo Souto nos lembra todos os días no seu 'aberto por reformas': para que imos querer ser algo, se o podemos ser todo. Se cadra, esa debería ser unha das premisas da nosa escolla, e que sexa esta última, xunto coa nosa pericia e intelixencia, a que nos marque até onde podemos chegar.

sábado, junho 16, 2007

a porta verde do sétimo andar

o colectivo vigués 'a porta verde do setimo andar' materializa a súa primeira publicación, e dalle forma por medio desta antoloxía:













Depósito legal: VG 543-2007
PVP: 10 euros

na que participan Manolo Pipas, Abilio Rodríguez, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Elvira Riveiro, Luís Viñas, Minus-bálido, Rosa Martínez e eu mesmo.
como nos anuncios da teletenda, non se vai atopar en librerías, polo que, os/as que vos queirades facer con ela, deberedes asistir a unha presentación ou solicitala por correo electrónico.

segunda-feira, junho 04, 2007

ad laudes e per horas

No sé cómo toleran los obispos que curas que no son gallegos ni saben la lengua tengan empleo ad curam animarum y sobre todo la administración del santo sacramento de la Penitencia. ¿Qué es el coloquio de un penitente rústico y gallego con un confesor no gallego, si no un entremés de sordos?

El verbo trebellar en gallego, de trupidare, siempre significa in malam partem y dista cien leguas del honesto verbo traballar. Confesor castellano ha habido que hasta después de muchos años estuvo en el error de que el mismo verbo era trebellar gallego que trabajar castellano. Y a los penitentes que confesaran que trebellaban tantas veces les decía que en días festivos sólo podían trebellar una hora, pero que en los días laborables podían trebellar ad laudes e per horas.

Si el tal confesor conociese la copla gallega común, "el clérigo y la criada jugaban a los trebelliños...", etc., entendería el significado.

Frei Martín Sarmiento

Sempre hai quen saca do traballo unha afición. Outros fan do traballo un motivo de loita. Para outros, o traballo é unha razón para dedicarse a outra cousa.

domingo, junho 03, 2007

e máis

convocatorias:














expoplanetarium estrea sección, e inclue novas accións poéticas:





e maís:

  • APRESENTAÇOM DO LIVRO COLECTIVO DE POESIA “DEZ POR DEZ”

Sábado 9 de Junho, 20.00h.

Centro Social Henriqueta Outeiro


(R/ Quiroga Palácios, 42, rés-do-chao, Compostela)

Com a participaçom da e dos autores:

Artur Alonso NovelheSuso BahamondeMaria LadoIgor LugrisKiko NevesCarlos QuirogaBaldo RamosConcha RousiaSechu SendeRamiro Vidal

  • 22 e 23 Setembro 2007

Este ano de 2007, Os Dias da Criação serão em Setembro, dias 22 e 23, na Casa da Eira Longa, em Vilar, Boticas। Abertos aos criadores transmontanos e leoneses, sem discriminar criadores de outras pa(r, ss, st) agens.
As criações incluem: pensamento, curta-metragem, poesia, dança, fotografia, performance, teatro, música, escultura, pintura, instalação, gravura

Abertas As Inscrições

informações: 965817337; 960238922
incomunidade@gmail.com


org:
incomunidade, casa da eiralonga, agil

sábado, junho 02, 2007

bandeiras con sentimentos

Estes días veñen de ser encarcerados en Letonia uns mozos, porque colleron unhas bandeiras dese país que decoraban as rúas da cidade. Eu nunca fun moi partidario de render culto aos símbolos que identifican a calquera país, polo que considero desproporcionada a medida que se tomou con estes rapaces en Letonia. Pero non deixa de resultarme curioso o tratamento que se lle está dando nos medios a esta nova.
Deste xeito, os informativos dixitais de tele5 utilizan o seguinte titular: 'Secuestrados' en Letonia por ultraje a la bandera del país. Resulta que se trata de bos rapaces que nunca fixeron mal a ninguén, e polo tanto resulta un castigo fóra de toda comprensión.
Ben, até o momento podemos estar dacordo, pero resulta que a Axencia EFE informaba, o 14 de abril de 2005, da sentencia de dous anos de cadea a un rapaz que lle prendeu lume a unha bandeira de España, despois de descolgala do Castelo de Montjuic en Barcelona. Quixera eu saber cal foi a reacción dos medios españois ao coñecer a nova. Sen facer máis indagacións, coido coñecer a resposta... e o caso resúmese en que o honor patrio da España máis casposa é meirande que o honor patrio de calquera outro país do mundo, polo que un agravio á bandeira de España é merecedor do meirande castigo, mentres que en Letonia, onde a guerra fría semella non estar tan fría, ascendente directa 'da máis hostil herdanza comunista', impón sentencias desmesuradas a pobres rapaciños indefensos.
Seguro que os media non se referiron ao pobre rapaz que queimou unha bandeira española, como un 'secuestrado', nin insistiron de xeito tan contumaz, como no caso dos, desta volta si, secuestrados, pola 'xustiza' letona.
Agardemos, de todas formas, que estes rapaces saian canto antes da súa reclusión, para que podan voltar para a súa casa, onde se xulga do mesmo xeito ese mesmo delito.

Arquivo do blog