a presentación do 'alento' en ferrol. Crónica






Chegamos algo tarde, Azu, Manolita, Edelmiro e máis eu, pero non máis que o público asistente, que finalmente ascendeu a iso dunhas dez persoas.

Coñecín á organización: Arantxa, Fernando e máis Tito, tamén á convidada Rosa Méndez, que tamén nos presentou o seu 'raio verde' (Espiral Maior).

Falamos do meu 'alento', despois Rosa falou do seu 'raio' e recitouse, léronse un versos da xente da aula de poesía que guía Eduardo Estévez en Fene, que tivo a ben achegarse ao Ateneo de Ferrol, e leu Ramiro e Miguel, cos que fun, despois a tomarlle un algo.

Comentários

tangaranho disse…
Ouviches, meu? O dez por dez, vai-se apresentar o dia 9...às 20 horas no Centro Social Henriqueta Outeiro, de Compostela. Mantenho-che informado!!!