'O alento da musa' en Ferrol

Volvo a Ferrol. Alén de pasar uns días na casa, relaxadamente, estarei o venres 25 de maio, ás 19:30 horas, no Ateneo de Ferrol, presentando 'O alento da musa'.
Coido que me debo remontar ao ano 1997, para recoñecer a última vez que particiei nun acto nesta a miña cidade. Nun 29 de decembro, compartín uns textos cunha chea de amigos/as, acompañado de Medos Romero, Pilar Pallarés e Manuel María, na antiga sede da Fundaçom Artabria. Dende aquela visitei un cento de vilas e cidades deste noso país, pero nunca me volveran chamar, nin eu pensara en facer algo nesta cidade. Agora, chegoume esta oportunidade da man de tres compañeiros ferrolanos, e resúltame complexo ocultar a miña emoción, non só polo amable convite de Arantxa e os seus camaradas, senón porque isto vaime permitir reconciliarme con esta cidade da que marchei certamente desanimado, pero á que sempre desexei volver coa forza suficiente para visitar á xente que coñezo, aos que son, sen dúbida, a miña xente, malia os anos transcorridos.
Estes días, defeito, estou ás voltas para recuperar vellos contactos, polo de agora via correo electrónico, pero que agardo poidamos avivar o pouso do recordo en vivo e en directo.

Comentários

Anônimo disse…
¿Tan mal tratoute Ferrol?
Ferrol é unha cidade na que resulta complexo desenvolver tanto a actividade profesional, como outro tipo de inquedanzas a nivel persoal. O meu tempo en Ferrol estivo marcado por unha hostilidade permanente, que se respiraba por toda a cidade. Notei a diferenza ao marchar, e malia que non renego da miña cidade, si a contemplo con certo excepticismo.
resúltame difícil explicar brevemente o que significa e significou Ferrol para min. Nese sentido, estou a preparar un libro no que trato en parte ese tema.
se hai sorte e atopo quen o publique, podería saír para o ano. COn ese documento poderase entender mellor o que hoxe aquí non fun quen de expresar.
tangaranho disse…
hummm,....bom, se calhar nom alcançou a entidade do recital de Artábria, mas recordo-che que nom há tanto (pode haver três anos?)sim partilhamos cartaz num recital em Sam Joam de Filgueira, junto com Iago Castro e Elvira Riveiro. Vemo-nos este 25!!!
certo, tes razón!!!
hostia, e pensar que me esquecera mencionar aquel acto.
un erro imperdoable. Menos mal que andabas ti para refrescarme a memoria. Agora xa non lembro se foi hai tres ou catro anos. Pode que haxa tres, si.
unha das cousas polas que me gustou aquela xornada, ademais de que puidemos compartir unhas aughas (que non son moitas as ocasións nas que acontece, non si?) foi porque logramos facer real a literatura. Sendo a tendencia a reducir a poesía a unha elite (desas tendencias que erran dende a base, e dende a base demos resposta), a un acto de soidade para escollidos, nós, sen pretendelo, xuntamos a unhas cincuenta persoas. Coido que, incluso, chegamos a interaccionar. O que resulta impagable.
Anônimo disse…
Pra min o acto da poesia non é nin elitista nin para encher estadios, senón íntimo, algo de teu, sen impoñer nada a ninguén, e quen queira ler o Marca que o lea, e ao que lle guste o Béisbol pois nada, para gustos.
Non é cuestión de elites, que tamén, pero creo que a poesía se merece moito máis que a "loita de clases". Merece respeto e para min ese respeto e leelos ó lado dunha taza de café ben cargadiño.
E os demais que digan misa!.
E disfrutar cos máis poetas que se poidan na pouca vida que nos queda!
se cadra debo matizar para que sen entenda mellor aoque me refería co da interacción e a alite.
A min as elites desagrádanme en calquera dos campos nos que teñamos a ben referirnos. Se ben a poesía, no seu proceso de creación, é íntimo, non deixa de ser un medio para comunicar, e esa comunicación é xustamente iso, o feito de poñer en común unha idea e unha maneira de expresala. Como tal, búscase que sexa accesible, para todo aquel que teña ouvidos, non só para unha caste de escollidos. A iso me refería. o feito de reducir a poesía a catro iluminados, vai supor a súa morte, como todo o que fica esquecido no andel de calquera museo.
Entón a interacción co público, supón a máxima expresión da poesía.
En canto ao da 'loita de clases', para min ese é un concepto complexo e que non utilizaría nunca para referirme á poesía, senón máis ben a unha finalidade ou esencia desta.