na corda frouxa

Unha das grandes realidades sociais é o desexo de dominación. Non vou recorrer a Erich Fromm para tentar explicarme, pero si se cadra el puidese aclarar como explicar a compoñente sádica ou masoquista dentro das relacións profesionais. Ou podemos reducilas ao intercambio de traballo por un salario. Onde quedaría entón o valor engadido dunha ética que obriga ao traballador a realizar a súa tarefa do mellor xeito posible (permitídeme que exclúa desta reflesión ao valor engadido da ética do empresario que remunera apropidamente o traballo realizado). Eu sempre crin nese valor engadido, polo que sempre me preguntei pola razón que impulsa ao traballador a someterse de xeito masoquista á dominación, da que xa concluimos que era un feito consumado na evolución social da humanidade, que realiza o empresario.
E por se este feito na actividade profesional non fose o suficientemente clarificador, como é posible que noutro tipo de sistemas de organización social, moitos deles de participación voluntaria, poda existir esa mesma dependencia sado-masoquista?
aquí cheghei...


apértame

como á ubre do mundo

e verás esvarar do caucho

o látex da vida

a goma elástica

sobre o rostro

asfixiado

Comentários