a diferenza

falaba, non hai moitos días, sobre a tendencia a uniformazar condutas, estéticas e ideais, que ten a sociedade de consumo. Para converter o gosto pola diferenza, case que nunha perversión. A marxinalización da diferenza, como acto delictivo, antóxaseme como unha das causas máis importantes no illamento do individuo.
Unha das ferramentas máis antigas para soster a uniformidade foi, dende logo, a moral. Esa voceciña que nos meteron moi adentro que nos fala coa nosa propia voz, para inculcarnos un medo tremendo ao que vén de fóra.. Co que non contaba a moral, era que a virtude, enetendida segundo as bases do dogma predominante, aburre mortalmente, e defende unha tendencia que vai en contra dos instintos máis naturais do ser humano. E xustamente aí é donde perde a súa eficacia. Porque mentres o mercado, soubo mutar para crear vías alternativas de mercado para asumir a diferenza como negocio, a moral mantivo a súa liña ideolóxica inmutable, creando fortes incoherencias nos seus subdetos máis abnegados.
Nisto pensaba onte, mentres ía no coche escoitando a Charlotte Gainsbourg cara a casa dunha parella que quere montar unha bodega en Rianxo, baixo a Indicación Xeográfica Protexida do Barbanza e Iria. Niso matinaba e en como todo este razonemento influía nos meus últimos escritos. Logo cadroume un camión xusto diante e cagueime en todo canto é posible facelo, e cambiei a música. Pero axiña volvín a pensar na marxinación, na perversión como causa dunha virtude case que delictiva, que avoca ao interfecto marxinal a unha crise de identidade e de conduta.
Máis tarde, cheguei ao local, onde un home pensaba na opción de poñer cabras en seis hectáreas de terreo, e volvín á realidade peñendo de acordo as miñas ideas coas dos meus compañeiros, para solventar o cotiá do noso traballo.

Comentários