'o home inédito'

aló foi 'O home inédito', nunha tarde de sol, sobre o leito, escoitando unha selección musical heteroxénea dende o computador. Coa vaga esperanza de que Paco Macías finalmente publicase a Lucas os seus textos, afrontei o tramo final. A impaciencia por saber máis, confundíase coas íntimas confidencias de Lucas, co que me fun identificando durante toda a lectura. Finalmente, pechei o libro - pois comprarao hai unhas semanas por iso de non deixar os ollos adheridos á pantalla- e botei a última gargallada. Malia as posibles críticas, e o feito de saber que quen non coñeza ao Paco Macías ou mesmo ao Quintela, perderá unha pequena porcentaxe da ironía do relato, volvo o libro ao seu lugar no andel da sala, para recomendalo ás visitas que chegan esta noite e que, durante unhas semanas, acompañaranme facendo da casa, que Azu e máis eu compartimos, un lugar máis acolledor, se cabe, claro.

Comentários