andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, março 18, 2007

O pésame pola perda de Albert Moman


estou doutra volta, xa non sei se dicir consternado ou o que, con curisidades desas que se len por casualidade por internet:

The community wishes to extend sympathy to Noblee and Shane Elliot, Alberta and Bernard Stoneham and Dallas Moman (and their families) in the loss of their father Albert Moman from Eriksdale. Our thoughts and prayers are with your families at this time.

Antes da nota, aparecía o nome e un teléfono dunha persoa de contacto, unha tal Lana Iwanchuk. A verdade é que case que estou tentado a chamar para darlle o pésame. (Ben, coido que ía resultar un chisco macabro).

Como sempre, as risas sonche boas. Cando menos, semella que o tal Albert Moman era un bo tipo, que a comunidade dalle o pésame. Coido que non todos habiamos ter tal recoñecemento.

A cousa é que mentres escribo, estou buscando máis sobre este Albert Moman. Nas Yelowpages de Canada aparecen dúas persoas con ese nome:


1.-Albert Moman
21 6w, # NE 36
Eriksdale, MB

2.-Albert & Freda Moman
145 14th St NW
Portage La Prairie, MB R1N 2V5

Coido que o finado era o primeiro, por iso de pertencer a Erikslade.
Referente ao lugar de procedencia desta xente, resulta ser esta pequena vila pertencente ao estado de Minatoba, á esquera de Ontario.
A vila de Erikslade ten as seguintes estatísticas poboacionais:

The majority of the population in the R. M. of Eriksdale reside in the village of Eriksdale. The largest percentage of the population is in the age range of 45‑54, although there are a large percentage of seniors as well. In 1996 the population was 942 and in 2001 it was 889, representing a -5.6 % change.

Non deixa de ser unha cuestión curiosa o de atopar xente por aí adiante co meu mesmo nome, seguirei indagando a ver que máis aparece. Se cadra poderemos chegar a facer unha comunidade de persoas de todo o mundo.

sexta-feira, março 16, 2007

“A liberdade sempre máis alá”

“A liberdade sempre máis alá”

Naquel tempo, a liberdade era máis alá do muro
Derrubaron o muro e pasaron sobre as ruínas
A liberdade estaba sempre máis lonxe
Detrás das tres columnas de silencio
Cercaron as columnas, e de súpeto
Foi só unha chama, filla do raio
Que permaneceu danzante no fondo das súas olladas
A liberdade era sempre
Máis acó de cada esperanza
Pero a luz do pozo dos seus ollos
Ilumina agora a prisión.

Anne-Marie Cazalis

e outras xoias que recollo de escritos pasados:

O todo ben aderezado cun viño número 1234751/5478/*grc/11º(red/w57), igual idéntico aquel dos vales piamonteses, pero feitos pola General-Virtual Cloning de Shangai. Xúroo, non cambia nada, pola contra, ten máis sabor que o de verdade, é mellor, máis verdadeiro que o de verdade. É el o verdadeiro viño piamontese, conserva a verdade da tradición, non se perde, non se contamina nunca co sabor do tapón. Como di a publicidade: “l’eternità della tradizione per sempre sulla tua tavola!”, e é verdade, mellor que o viño piamontese real, é Hiperreal.
É o bautismo da segunda existencia: aquela Simulada e sen fin. Neste e en ningún outro senso, este viño pódese denominar “virtual”.
G. S. (Anónimo).



En poucas palabras fálase dun “dereito” (Dereitos Humanos) que se atopa lonxe de ser considerado universal e que para difundirse adopta unha nova forma de colonialismo... resultado tamén iso de conxunción entre social e económico. G.G. (Anónima 1)



Farteime de depender deste ou daqueloutro e decidín que é mellor vivir na ignorancia das noticias. É mellor coñecer un argumento, dous ou tres feitos, e sen saber máis somos en grado de dar calquera xuízo. Deixei de ver a televisión e sobre todo os telexornais porque con horror decateime de que “El Gran Hermano” é menos faccioso, e non soporto por máis tempo que os tertulianos, que deberían dar calquera sinal de luz intelectual, sexan xente como Pippo Baudo. A. L. (Anónimo 2)





Nos nosos debates, camaradas
teño ás veces a sensación
de que esquecimos algo.
Non é o inimigo.
Non é a liña de conducta.
Non é o obxectivo final
Non figura no 'curso breve'.

Se non o tivesemos sabido nunca
non habería loita.
Non me preguntedes o que é.
Non sei como se chama.
O único que sei
é que esquecimos
o máis importante.

Hans Magnus Enzensberger

quinta-feira, março 15, 2007

'o home inédito'

aló foi 'O home inédito', nunha tarde de sol, sobre o leito, escoitando unha selección musical heteroxénea dende o computador. Coa vaga esperanza de que Paco Macías finalmente publicase a Lucas os seus textos, afrontei o tramo final. A impaciencia por saber máis, confundíase coas íntimas confidencias de Lucas, co que me fun identificando durante toda a lectura. Finalmente, pechei o libro - pois comprarao hai unhas semanas por iso de non deixar os ollos adheridos á pantalla- e botei a última gargallada. Malia as posibles críticas, e o feito de saber que quen non coñeza ao Paco Macías ou mesmo ao Quintela, perderá unha pequena porcentaxe da ironía do relato, volvo o libro ao seu lugar no andel da sala, para recomendalo ás visitas que chegan esta noite e que, durante unhas semanas, acompañaranme facendo da casa, que Azu e máis eu compartimos, un lugar máis acolledor, se cabe, claro.

terça-feira, março 13, 2007


como se tudo fóssil


como se fosse tudo caminhar assim
sem volta para o que permite ainda
que a perenidade seja estanque

como se fosse tudo andar colhendo
esperanças em meio as caatingas ou
frêmitos dois palmos e meio da lua

como se fosse tudo retardar o riso
para que a tristeza perdure em seio
farto diante de um olhar crispado

como se fosse tudo perceber o quanto
permitimos que o diagrama tempo se
mova diante do colossal e do finito

como se fosse tudo escrever poemas
vomitando nas teclas ou dedilhando
metáforas aos netunos do silêncio

como se fosse um deus sem reino e
sem demônios por perto para cozer
seus trapos

como se resistência fosse hábito



Hoxe, ao abrir o correio, descubrín dous poemas do compañeiro Lau Siqueira, dos que vos deixo mostra encima destas liñas.




Por outra banda, parece que hai quen ten problemas para atopar 'O alento da musa' nas librerías. Pra solventar ese problema, tod@s aquel@s que teñades problemas para adquirilo, poderedes mercarmo a min directamente, enviareivolo a casa sen custo a maiores.
no correo albertemoman[arroba]gmail.com.

sábado, março 10, 2007

nude session

esta fin de semana Azu convidoume a participar nunha sesión de fotos. Nunca pensara en facer de modelo, pero acabei posando nu coa normalidade que o feito de participar nunha nova experiencia me permitía. Malia non contar co espacio idóneo para realizar ese tipo de traballo, nin a luz axeitada, o resultado final foi, na miña opinión, moi interesante. O único que pode desmerecer o traballo será, neste caso o modelo, polo demais quedei moi contento. Tan só agardo que a Azu lle sirvan de algo as dúas horas que pasou aturando a miña inexperiencia.

terça-feira, março 06, 2007

insultante conduta dos deputados españois para coas propostas galegas

as persoas que vivimos ou seguiron a evolución dos asteleiros na comarca de Trasancos, sabemos as dificultades polas que tivo que pasar o sector, e como influiu iso na propia cidade e nas vilas do contorno. É por iso que a coduta dos deputados españois diante da intervención de Francisco Rodríguez parécenos, se cabe, máis insultante.



Arquivo do blog