andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, fevereiro 27, 2007

filo-café en Ponferrada


O pasado sábado día 24 de febreiro pasamos por Ponferrada a cantar 'A miña terra berciana' como se contempla na imaxe. Aló estivemos a escoitar ao Alberto tocando o piano e a Alejandra Bernardo cantando a Uxío Novoneira máis uns cantos bises a petición dos/as asistentes. Aproveitei para ler o 'Déixanse levar', compilación de poemas que se anexa a 'O alento da musa', e para conversar con xente como Deborah, á que coñecía tan só pola súa presenza na rede, ou a Igor ao que desexaba coñecer dende aquel 'Quen nos defende a nós dos idiotas?' que publicara aquela Letras de Cal e o actual 'Livro das confusóns'.
Foi, en definitiva, un experiencia para lembrar, agardando que se repita.



quinta-feira, fevereiro 22, 2007

o alento da musa II


O Alento da Musa
Alberte Momán
Difusora de Letras, Artes e Ideas
Distribución:
Consorcio Editorial Galego
PVP: 14,50 euros
ISBN:
978-84-935223-2-2
Colección Literal, n.º 1.
96 páxinas en branco e negro
+ caderno de poemas de 12 páxinas en bicolor. Capas en cor.
Encadernación en capa mole,
con lapelas. 19 x 15,5 cm.
Primeira edición: febreiro de 2007
Encomendas por correo: info@difusora.org



Finalmente materializouse o proxecto, agora tan só queda agardar as vosas opinións.

quarta-feira, fevereiro 14, 2007

Apoio a Dionisio Pereira


A continuación segue o texto que a asociación 'Verbo Xido' redactou en defensa de Dionisio Pereira, denunciado por exercer o seu dobre dereito á liberdade de expresión e de esclarecer acontecementos da historia máis recente do noso país.

Podedes seguir a nova aquí
adhesións en DPEREIRAG@terra.es


A todos e a todas:
A transición á democracia, que escomenzou coa morte de quen encabezara o golpe fascista que puxera fin a IIª República, non rematou coa entrada en vigor da vixente Constitución nin coa sucesión de eleccións e relevos en gobernos (central e autonómicos) e outras institucións. A ferida provocada polo levantamento franquista segue aberta, porque aquel proceso que nos quixeron vender como exemplar non foi máis que un intercambio forzado nunha situación de clara desigualdade. Os resortes do poder seguían nas mans dos franquistas: eles pretendían obter unha cláusula de impunidade mediante o noso silencio, a cambio de poder exercer as liberdades públicas máis ou menos recurtadas.
Pero aquel medo que durante os anos da ditadura pechaba as bocas, non podía por sempre seguir sendo o parapeto protector dos verdugos e dos seus fillos biolóxicos e ideolóxicos. Co paso do tempo, agromou na conciencia colectiva a necesidade de botar luz sobre os arrepiantes acontecementos que comenzaran coa Guerra Civil e aínda hoxe rebrotan. Neste punto, a Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”, que forma parte do colectivo “Sinhor Afranio”, implicase na tarefa de colaborar con quenes investigan para sacar á luz todo aquelo que nos quixeron agochar.
Para honrar a cantos cerdedenses foron asasinados ou sofriron a represión de calquera xeito por defender os dereitos individuais e colectivos e á República, levamos a cabo a instalación dun monumento na Ponte do Barco (Pedre) na lembranza de dous canteiros asasinados naquel lugar; apoiamos unha iniciativa do BNG, aprobada unánimemente pola Corporación municipal de Cerdedo, de honrar a todas as vítimas da contenda sen distinción con outro monumento –algo que, pasados varios anos, o Concello aínda non puxo en práctica- ; homenaxeamos a un ilustre exilado fillo da nosa terra, Xosé Otero Espasandín; dedicámoslle a edición das Xornadas “Terra de Tod@s” de 2006 á recuperación da memoria da represión franquista e nela percorrimos un roteiro dos lugares da memoria e participamos na edición dun libro, titulado ‘A IIª República e a represión franquista en Cerdedo’, escrito por Dionisio Pereira.
Tamén aplaudimos a decisión unànime da Corporación, tomada en abril de 2006, de retirar a rúa dedicada a un ex alcalde franquista, Manuel Gutiérrez, e advertimos do perigo que supuña outro acordo tomado en nadal do mesmo ano polo que, tan só cos votos do PP, revocaba o anterior, provocando a sanguenta paradoxa de que un sistema que se quere democrático honre a quen participou no seu esfarelamento.
En pleno retroceso ás cavernas da historia, o atentado contra o monumento de Pedre serviu para advertir de algo que nós xa sabíamos: os herdeiros do “Caudillo” non se resignan e acontecementos como o protagonizado polo Concello de Cerdedo sérvenlles de combustible.
No entanto, quédanos a forza da palabra e a fortaleza que nos dá saber que defendemos unha causa xusta. Todos escoitamos en voz baixa os nomes dos represores, sabemos de propiedades que cambiaron de donos a punta de pistola e a golpe de multas, de violacións, de testemuñas de asasinatos e de torturas. Co paso dos anos foron morrendo case todos, pero a verdade dos feitos é a mesma. Aos historiadores e historiadoras correspóndelle plasmala en libros e outras publicacións, e así contribuir á tarefa de cicatrizar unha ferida que aínda está aberta, para que a Guerra e a represión se convirtan nun capítulo da historia do que apender para que no se repita.
Pero mentres que por escribir nun papel uns nomes, que foron mil veces pronunciados en voz baixa polas vítimas da barbarie e que se sinalan como presuntamente vencellados á represión, alguén poida ser procesado, como acontece con Dionisio Pereira pola frase contida no devandito libro, “Verbo Xido” dará un paso para expresar públicamente o seu respaldo, ó tempo que solicita o de todos aqueles colectivos e persoas que traballan polos mesmos obxectivos liberadores e defendan que a palabra nin mata nin fire.

¡Pola liberdade de expresión!

En Cerdedo, a 11 de febreiro de 2007


Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”

terça-feira, fevereiro 06, 2007

dun poema de Alicia Fernández

rupaq siki, repite
(e ela traduce "quérote");

rupaq siki, rupaq siki, rupaq siki.
eu non.

oclusivas -simples-
labial
velar
uvular.

escollo cunnilingus.


alicia fernández


Rupaq siki
Literal translation is "hot rear end" but it is used to refer to a "woman who is anxious to jump into bed with a man".

sexta-feira, fevereiro 02, 2007

aprendimos a falar e non calamos a boca

Todos/as ríamos fai anos con aquela, Esperanza Aguirre, Ministra de Cultura, que o PP puxera despois dunha dura selección entre as candidatas máis intelixentes das nominadas aos premios de figuración para o parlamento Español. Riamos cando dicía aquilo de que Sara Mago era unha escritora extraordinaria. Riamos tamén porque se trataba dunha militante do PP, e iso imprimíalle un aquel irresistible. Pero agora, nese suposto cambio de partido, que non de orientación, acometido no goberno de España, temos a esta Ministra de Agricultura, disque galega, pero profundamente antigalega, en competencia directa no seu antigaleguismo co mesmísimo Pepe Blanco, que tan mal lle sentan os gandeiros galegos, como aquel outro que solta barbaridades en contra do noso sector naval. Despois de escoitar certas cousas, un dá en pensar que, en certo momento da nosa vida, aprendemos a falar pero ninguén nunca nos aprendeu a estar calados, polo menos por iso do mínimo respecto debido ao resto da humanidade.
Pola miña banda, para emendar este profundo erro, estou aprendendo a calar a boquiña. Resulta duro, as veces, manterse calado despois de escoitar certas cousas, pero, malia todo, non me resisto a confiar no poder do silencio.
Así que vou ir deixando a cousa aí, por iso de mostrar un mínimo de coherencia.