andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, dezembro 13, 2006

Manual. Outra produción propia

sorrir
como funcionario no seu agocho
confortable
mirando para o exterior
amablemente

soubemos o que era a
hostelería
e descubrimos o cinismo
nas carnes máis doces
logo fundímonos
coa ignorancia
no anonimato
adorando a soidade
nun proxecto propio
autodidacta

odiamos xuntos as figuras
paternas
maternas
de leite quente
tamén maternais
figuramos por tras das sombras
falando de nós mesmos
nun canto peor mellor
de formas difusas

‘todos os funcionarios ao paro
-berrabamos-
que teñan unha razón para respirar’

logo achegámonos por tras dun
insurrecto paraugas vermello
asubiando a internacional
finxíndonos portadores novos
dun progresismo inmaterial

tamén soubemos asubiar o negro zumbón
e preguntar inocentemente
la pecora?
come fa la pécora?

tiñamos as fronteiras
invisibles
que forxaron as nosas propias formas
o tempo e o país
que soubemos descifrar
entre liñas
para odiar tamén un pouco
en silencio

dubidamos do cambio
e das formas do cambio
precisando do viño para rir
e utilizando o sexo
con violencia lacerante
contra as nosas carnes

foi unha droga máis forte
que as outras coñecidas
polo que saímos desestimados
de todas as causas

agora o ceo
variable
circunda os mesmos hábitos
e nós
sorrimos
sen vernos o rostro
máis que en soños

segunda-feira, dezembro 11, 2006

Aurelino Costa e José Régio

info+

Cântico Negro

"Vem por aqui" — dizem-me alguns com os olhos doces
Estendendo-me os braços, e seguros
De que seria bom que eu os ouvisse
Quando me dizem: "Vem por aqui!"
Eu olho-os com olhos lassos,
(Há, nos olhos meus, ironias e cansaços)
E cruzo os braços,
E nunca vou por ali...
A minha glória é esta:
Criar desumanidades!
Não acompanhar ninguém.
— Que eu vivo com o mesmo sem-vontade
Com que rasguei o ventre à minha mãe
Não, não vou por aí! Só vou por onde
Me levam meus próprios passos...
Se ao que busco saber nenhum de vós responde
Por que me repetis: "Vem por aqui!"?

Prefiro escorregar nos becos lamacentos,
Redemoinhar aos ventos,
Como farrapos, arrastar os pés sangrentos,
A ir por aí...
Se vim ao mundo, foi
Só para desflorar florestas virgens,
E desenhar meus próprios pés na areia inexplorada!
O mais que faço não vale nada.

Como, pois, sereis vós
Que me dareis impulsos, ferramentas e coragem
Para eu derrubar os meus obstáculos?...
Corre, nas vossas veias, sangue velho dos avós,
E vós amais o que é fácil!
Eu amo o Longe e a Miragem,
Amo os abismos, as torrentes, os desertos...

Ide! Tendes estradas,
Tendes jardins, tendes canteiros,
Tendes pátria, tendes tetos,
E tendes regras, e tratados, e filósofos, e sábios...
Eu tenho a minha Loucura !
Levanto-a, como um facho, a arder na noite escura,
E sinto espuma, e sangue, e cânticos nos lábios...
Deus e o Diabo é que guiam, mais ninguém!
Todos tiveram pai, todos tiveram mãe;
Mas eu, que nunca principio nem acabo,
Nasci do amor que há entre Deus e o Diabo.

Ah, que ninguém me dê piedosas intenções,
Ninguém me peça definições!
Ninguém me diga: "Vem por aqui"!
A minha vida é um vendaval que se soltou,
É uma onda que se alevantou,
É um átomo a mais que se animou...
Não sei por onde vou,
Não sei para onde vou
Sei que não vou por aí!

José Régio

terça-feira, dezembro 05, 2006

Un síntese reconfortado, malia que poda semellar algo egocéntrico, polo feito de ser mencionado. Tamén é bo saber reconfortarse coas cousas pequenas que acontecen puntualmente na vida de cada un, sexa que o mencionen nunha disputa, ou nunha conversa insubstancial, ou mesmo nun certame de poesía. Ao sentirse mencionado, un considérase máis parte do mundo, incluso cando s menciona para proferir algún tipo de insulto ou como destinatario dalgún improperio; pero neste caso, aledoume que me mencionasen con persoas ás que coñezo dende hai tempo xa: O Brais, a Lucía, a Verónica. Un síntese incluso mellor se se trata dunha mención entre amigos/as. Parabéns a todos/as.



Deixo o texto íntegro:

PREMIADOS

Os gañadores da especialidade de Poesía son:

· José Antonio Cascudo Rodríguez, 1º premio, pola obra Manual do misántropo
· Lucía Aldao Sánchez, 2º premio, pola obra Así
· Brais González Pérez, 3º premio, pola obra Heraldos das escuras horas

MENCIÓNS DE HONRA

As Mencións de honra da especialidade de Poesía recaeron en:

· Ledicia Costas Álvarez, pola obra Aparición de triste
· Alberte Momán Noval, pola obra De ter un can chamaríalle Guenguis
· Verónica Martínez Delgado, pola obra O ladrón de almas

sexta-feira, dezembro 01, 2006

big sur

Alédome de que ninguén me preguntase, ate o de agora, pola miña opinión sobre o Jack Kerouac, porque non sabería que responder, até estes días que comecei co ‘Big Sur’. Xa lera outras cousas, como xa deixei constancia na bitácora, pero non afondara moito no significado de canto vai narrando, na situación política e social, nin noutras cousas que me axudasen a entender de que ía todo iso. Valorara tan só a prosa rápida e directa, como un mecanismo engaiolante, ademais de ser fondamente inspirador. Pero desta volta, e coa lectura deste ‘Big Sur’, vin claro a vacuidade dos seus argumentos. Dende a páxina vinte e pouco comezou a poñerme enfermo co seu egoísmo visceral tan tipicamente ianqui, e os seus ‘dou grazas a Deus por esta árbore perfecta e este home perfecto e este regato perfecto, aquí só nunha choupana perfecta no medio dun monte perfecto, cun freganzo metálico perfecto e unha perfecta camisola militar de cor verde. Porque todo é perfecto e está ben, e impórtame un carallo todo porque na miña sublime perfección basta só que haxa indicios do risco de ferir estas miña hiperrealidade para que me compre unhas botellas de whisky e me dedique a beber ater rebentar para esquecer todo o meu vínculo coa sociedade corrupta e anquilosada nunha dobre moral absurda que asumo e comparto’. Tamén discrepo da súa opinión sobre a obra de Hesse, ‘O lobo estepario’, pero iso prefiro deixalo para outro momento.


Por outra banda, non me podo resistir a comentar este autocolante que chegou hoxe co xornal 'A nosa terra'. Por moito que coincida coa mensaxe, recoñezo que isto máis semella unha loxia do 'ácido' que unha campaña para o recoñecemento dos dereitos nacionais galegos.
A cuestión é por que non usaron directamente esta outra imaxe, icona doutros tempos, para reinvindicar o mesmo.


E tamén se cadra, coa mensaxe engadida para a reflexión, agora que está tan de moda o do Estatuto, 'onde nos coloca isto?'