Madison Morrison




dende Taipei chegoume este libro de Madison Morrison, máis unha outra publicación de entrevistas.
fun a correos chovendo onte á tarde. Dende que hai uns sete meses me chegou, da man deste home, unha recompilación de artigos sobre este autor, quedei certamente interesado polo seu traballo. Na cartaque acompañaba ás súas publicacións, fálame das súas viaxes, tamén dos seus novos proxectos, unh libro sobre a Biblia e outro sobre a Iliada.
Malia que o inglés é unha lingua que vou coñecendo, polo menos un mínimo, a densidade dos seus textos supérame con moito, polo que a súa lectura demórase considerablemente.
por outra banda, onte foi días de experimentacións, por iso dun novo libro recibido, sempre distinto e novidoso. Así que me puxen diante do ordenador e comecei a manexar o photoshop, actividade que tando adiara. Desta maneira pensei en facer un timbre, e aí deixo o resultado final.





Comentários