a incontinencia

por iso de darme a entender, presentei este relato a un dos moitos certames que nutren o abano cultural deste país, xunto con outros máis extensos, e resulta que non ghustou. Xa me diredes que mal ten!!!


A incontinencia

Agudizando aquela sensación, ás veces pracenteira e ás veces dolorosa, provocada sobre as terminacións nerviosas do anus, cun lene murmurio sobre o cénit do esfínter, conversaban aferrados no claro escuro do interior da cafetería Anunciación do centro da cidade. A excitación materializábase, na viúva de E., facendo que desgarrase a blusa beige de imitación a seda inferindo, coas unllas, alongadas feridas sobre os peitos nus, e impulsando as mamilas cara o rostro, mordíaas con saña mentres procuraba coa entreperna o respaldo da cadeira. O camareiro, peiteaba o bigote, afiado nas puntas, cos parasoles dos cócteles, mentres introducía, a mancheas, olivas na boca moi aberta.
E dirás que isto é normal?-Repetíame X., dende a terraza da mesma cafetería Anunciación. O suficientemente normal- repliquei- como que ese mozo teu estea mordéndome a punta da deda grosa do meu pé dereito nu, por baixo da mesa, mentres falamos. Realmente, N., mozo de X. dende a infancia máis infantil, non era tan mal rapaz como se empeñaba en demostrar, pero naquel tempo todos tiñamos as nosas excentricidades, e resultaba un feito, xa asumido socialmente, que quixésemos mostralas ao mundo como estandarte da nosa inigualable personalidade. Para respostar tamén a N., mozo de X. dende sempre, saquei bruscamente a miña deda da súa infecta boca para introducila, dunha maneira igualmente brusca, nun dos seus orificios nasais, presionando con forza e movendo a un lado e a outro o groso do meu pé para forzar, no seu cranio, un movemento que denotase un sentimento de sorpresa convulsa.
Pero mira ese!- continuaba X. moza de N., de carácter dominante e natureza fortemente bipolar, sinalando un can que mexaba fronte á porta dunha farmacia, que estando de guardia carecía de compactas doses de ácido acetil salicílico, recostado sobre o seu lombo e aferrado ao pernil do pantalón do seu dono, que lle laceraba as delicadas peles do penis cun extremo da correa que levaba atada ao pescozo.
Como unha cabra! Escoitouse, de súpeto, a un viandante sen denominación posible, que, coas mans nos petos e os ombreiros encollidos ocultándolle o pescozo, camiñaba presenciando a escena do can enfronte dunha farmacia de guardia que carecía do máis elemental fármaco contra dores de cabeza e musculares en xeral.
Sen agardar nin un instante, X. ergueuse do seu asento, mentres N., mozo desta caracterizado pola súa personalidade feble e pola súa carencia de opinión propia sobre os asuntos máis triviais, facía ascender a súa lingua pola miña perna en dirección ás coxas, non sen antes dar coa cabeza na táboa horizontal que conformaba a mesa, desprendendo un chillido agudo que, pronunciado durante un segundo tan só, deu paso a un movemento intermitente de todo o conxunto mesa-mantel-cosumicións formando unha preciosa danza propia dos aborixes centroafricanos.
Dirixíndose ao innomeable descoñecido de pescozo perdido entre ombreiros encollidos sobre si mesmos, X. comezou a berrar un histérico acúdanme, policía. Un anormal! Policía, un anormal! Pasando, a morderlle bruscamente a punta do nariz co groso dos seus dentes artificiais, fabricados por unha importante corporación estética, anunciada ate a saciedade en todos os medios de comunicacións existentes.
Inmediatamente unha ducia de policías acudiron ao lugar, debidamente provistos de todo tipo de material bélico, reducindo ao interfecto á menor expresión, entre os aplausos da multitude que, congregada, rezaba un salmo en arameo para mellor gloria de todos os alí presentes.

Comentários

llll disse…
ó fin colguei o docu na rede. precisei dividilo en catro partes e perdeu o seu color inical, pero bueno.

sabía que querías velo, por iso che aviso.

pd: o dos premios xa sabes como vai. non te ten que preocupar.

beijos.