baudrillard

Jean Baudrillard es ampliamente reconocido por sus investigaciones en torno al tema de la hiperrealidad, particularmente en una sociedad como la estadounidense. De acuerdo a sus tesis, Estados Unidos ha construido para sí un mundo que es más «real» que Real, cuyos habitantes viven obsesionados con la perfección, el no paso del tiempo y la objetivización del ser. Aún más, la autenticidad ha sido reemplazada por la copia (dejando así un sustituto para la realidad), nada es Real, y los involucrados en esta ilusión son incapaces de notarlo.

Tiña un texto de Giordano Segneri sobre un viño hiperreal, pero xa non lembro onde o deixei. Tratábase da copia dun viño real, pero mellor que ese caldo real era aqueloutro hiperreal. No meu caso estou maiormente embriagado máis por aquel que supera o real, que polo real mesmo, mitigando a miña percepción mediante unha brétema mesta que me impide ver o evidente. Ou así era non fai moito, antes de que o traballo me fixese asumir unha dose continuada de hiperrealidade, mais desa que se enfronta aquela que os media crean para confundir. Non sei se poderiamos considerala unha contrahiperrealidade. Agora que son infinitamente máis responsable e aburrido, teño unha nova percepción moito máis materialista e pragmática, pero infinitamente menos audaz e directa. Con todo e malia o que poda parecer, continúo sendo fondamente real e non sobrenaturalmente hiperreal.

Comentários