Este Ferrín éche o demo! E agora veño eu a botar leña sobre o lume dun comentario absurdo e descontextualizado, como se tivera que defender ás Comisións Labregas ou como se o futuro destas, ou o meu propio, estivese no que eu poda dicir hoxe aquí.
Paseando polas Brétemas virtuais din cun artigo de Fíos Invisibles sobre a visita de Ferrín á diáspora de Uruguai. Nesta entrevista, entre outras moitas cousas, fixo mención a unha supostas declaracións das devanditas Comisións falando nos seguintes termos: “As imposicións económicas da Unión Europea (UE) implican que a gandería galega estea na ruína, que o agro estea realmente espoboándose, pero non de persoas senón espoboándose de vacas. E iso foi porque o mercado común tivo e ten a ben protexer o leite francés e holandés e limitar o noso coas cuotas que hai que pagar. Así se chega a que as organizacións de esquedas que se chaman Comisións Labregas cheguen a pedir o liberalismo: «Agora queremos ser liberais, queremos producir todo o leite que queramos e venderllo a quen queiramos sen limites», din”. Sen pretender dubidar da memoria histórica deste home, case que, en nome do rigor, deixar claros unha serie de aspectos relativos a este tema: a entrada do estado Español na UE, e a asunción por este do sistema de cuotas, colleu a Galiza nun proceso de crecemento no sector leiteiro, cunha grande cantidade de explotacións agrarias, pero cunha moi baixa produción; mentres que países como Francia, que xa tiñan consolidado o sector, atopábanse cos problemas típicos do intensivismo, obrigando, nalgúns casos, a reducir considerablemente os kilos producidos. As cuotas chegaron a Galiza limitando a súa capacidade produtiva e cumpría crear un movemento que permitise a Galiza producir en base ao seu potencial, sen limitarse ao que a cuota a ela outorgada lle permitía. A partires de aí, mentres a política do Estado Francés foi de facilitar capacidade produtiva, a aquelas explotacións que a precisasen, a moi baixo prezo e ligada a terra, no Estado Español optouse pola especulación coa cuota, nunha dinámica de ir concentrado a produción en, cada vez, menos explotacións pero de maior número de animais (non así de SAU). A cuota en Galiza, convertíuse nun limitante á produción e que fomentaba o intensivismo. Na actualidade, na dinámica de aumentar a produción con independencia da superficie de terreo de cada explotación, coas explotacións con enormes débedas e a inestabilidade dos prezos, fai que a cuota sexa un grande problema dentro do sector.
Ben, en todo isto, cal foi a postura das antigas Comisións Labregas, dende o comezo unha oposición clara á instauración da cuota láctea, non porque fose un problema en si mesma, senón porque xa se albiscaba que traería un problema de sobreendebedamento das explotacións e porque limitaba o potencial produtivo do país, ademais de cuestionar a viabilidade das pequenas explotacións, que eran e son maioritarias neste país. Por outra banda, viuse consolidando o feito de que as empresas leiteiras, mediante negociacións entre elas, impedisen que as explotacións puidesen decidir a quen vender o leite, o que produciu en moitos casos, prácticas abusivas por parte das empresas ao ter suxeito ao gandeiro/a ás súas condicións. Para impedir estas prácticas das empresas sobre as explotacións, o Sindicato Labrego Galego buscou solucións a este tipo de pactos entre empresas.
E para rematar, consciente de que non está todo dito, cal é o modelo que defende o Sindicato Labrego Galego, segundo o que eu entendo? Un modelo de produción en base a terra, baseado en pequenas e medianas explotacións que repoboen o noso agro e produzan, no canto de pensando na cantidade, nunha calidade capaz de crear un valor engadido en si mesma, ademais de, evidentemente, producir todos os derivados lácteos en Galiza e con independencia das grandes multinacionais. Este modelo reduce produción e polo tanto a necesidade imperiosa de control sobre a mesma.
Encadrando neste meu discurso, algo máis elaborado que o de Ferrín, as, e repito, descontextualizadas declaracións deste home que de tan incendiario, resulta simplista e de escaso rigor.

Comentários

Anônimo disse…
O blogomillo lévame a este post. Faltache comentar o interés de Suárez Canal por romper a territorialización española (do Estado español) da producción láctea. Non ten iso un certo sabor liberal?
debo dicir que non sei como se encadra iso da 'Territorialización española da produción láctea'. debería saber en que contexto xurdiron esas declaracións para coñecer polo miúdo as posibles implicacións. de todas formas, non sei que pinta Suarez Canal neste debate? Eu, en todo momento, remitinme ao que Ferrín denomina Comisións Labregas, actualmente Sindicato Labrego Galego.
Pos suposto que me faltaron moitas cousas que dicir, e tamén en relacion ás declaraciósn de Ferrín, que se equivoca ao dicir que o agro galego se despoboa de vacas, xa que se ben o número de explotacións pasaron dunhas cen mil no 1990, a unhas algo máis de quince mil na actualidade, pero iso non reducíu o número de animais, xa que no ano 85 a media de cuota das explotacións agalegas estaba nos 17000 kilos e na actualidade pasa dos 100000 kilos, e iso só se consegue aumentando considerablemente o número de animais, que pasaron duns 6 animais nesa primeira data a uns 60 nesta última.
en canto ao borrador no novo plan lácteo, que si fai unha territorialización da quota, deteriora a saúde daquelas zonas, como galiza, que aínda teñen potencial productor, mantendoa noutras zonas, como Cataluña, que o que busca é especular. Estón esta nova territorialización, no que o Estado chama Comunidades Autónomas, perxudica claramente ás explotacións galegas que non van poder acceder máis que á cuota interna, máis unha ínfima cantidade dunha reserva 'nacional'.
De todas formas, e repito, Suárez Canal diría sabedios que... se queres noutro momento falamos das políticas da Consellerís de Medio Rural, pero reafírmome no feito de que ate o de agora eu só plantexei a actitude do Sindicato Labrego Galego.
De todas formas, e fremitíndome ao comezo, coido que expresei con bastante claridade como o señor Ferrín ten un profundo descoñecemento dos sectores productivos deste país, quedándose o seu coñecemento en 20 anos atrás.
Anônimo disse…
deixando á parte a ferrín, e por falar das comisións labregas, alberte, tío, é que non te enteras:

-cando chegou a cota por imposición europea, a finais dos 80, o slg díxolle aos labregos "non declaredes todo o voso leite". evidentemente, daquela o slg estaba na contra da limitación da produción leiteira.

-a distancia entre o leite producido e o real, en galiza, débese en moita parte a aquela nefasta decisión. e agora queren ser liberais, na vella tradición de destempos e tardepiastes.

-agora o slg é o sindicato das explotacións mínimas e as grandísimas explotacións. pódesllo preguntar a calquera gandeiro. por qué cres que o sindicato agrario do pssoe se fixo coa práctica totalidade das medianas explotacións? e non me digas que é un problema de medios, que en 1991 os dous estaban a velas vir.

-aínda por riba, comparten identidade sindical con coag. tes unha opinión formada acerca de coag? é o principal sindicato agrario español...

-suárez canal está aí para queimarse: só poderá limitar danos.

-isso si: non lle digas a ninguén que non sexa do partido -e que estea desinformado, a poder ser- as paridas que escribiches aquí sobre o slg.

fai o favor, anda.

(supoño que a túa precisión como poeta ha ser maior...)
Anônimo disse…
Moita demagoxia hai no ferrín, Alberte, por iso admira tanto os ditadores.
acoolturado, seica reaparecen vellos conflitos. a diferencia entre nós é que eu deixo o nome tralas declaracións, para que calquera poda dicir as estupideces que cusoes por todas partes. Sei que non debería entrerche a saco pero tan só un par de aclaracións.
- o discurso do slg á chegada das cotas, foi o de 'non compres cota e non entregues leite negro' iso seino porque dispoño da documentación da época para verificalo. calquera che poderá dicir, que iso que ti comentas é un absurdo sen ningún tipo de fundamento. O slg estaba contra a limitación de cuota, certamente, pero daquela limitación de cuota que nos deixaba con cen mil explotacións de 6 animais por explotación.
-UUAA participa e sempre participou da actividade sindical e económica de UGT, polo que non é comparable a economía de ambos sindicatos agrarios.
-o grande incremento de afiliación do slg debeuse, maiormente, ás loitas da cuota empresarial, e non creo que esa aseveración de slg=explotacións pequenas e enormes sexa certa, haiche de todo como na vide do señor.
- coag non é un sindicato estricto, senón que é unha organización de organizacións, e o slg non é membro de pleno dereito e só ten unha relación coiuntural. So coag quere que o slg entre como membro, pero o slg non pertence e, polo momento, non creo que pertenza a medio prazo a coag, moito han ter que cambiar as cousas. eu agardo que non pertenza nunca.
-suarez canal está para o que designe o seu partido. se o que me preguntas é a miña opinión persoal sobre o lugar que ocupa suarez canal. sinceramente considero que foi un erro para o bng chegar a pactar co psoe. pero foi unha decisión súa, tomárona e agora terán que apandar coas consecuencias. o que non entendo é por que mesturas a suarez canal co meu discurso.
-coido intuir a que partido te refires cando falas de que ferrín non pertence a el. para estar informado sobre o sector non fai falla pertencer a ningún partido, só hai que traballar co sector, e aínda así, ás veces hai cousas que se escapan. pensar que lendo catro xornais e admirando a chomsky ou petras xa podes falar sobre calquera cousa que teña que ver cos sectores productivos de calquera lugar, coido que é un erro. o sector lácteo galego, se se quere coñecer, hai que estar nel todos os días, e añinda así resulta dificil. non coido que pertencer a ningún partido axude a nada.
pola miña banda, levo ano e medio traballando co sector e escoitando gandeiros, e non falo de todo isto para demostrar que sei máis que ninguén, porque probablemente non sexa certo, pero si falo en función da miña experiencia e coñecementos.

en canto a este outro anónimo. non sei que ditadores admira ferrín. non considero que ferrín admire ditadores, pero iso é algo que haberá que aclarar con el.