política forestal

acabo de saír da segunda xornada dun curso sobre a política forestal, organizado polos compañeiros/as do Sindicato Labrego Galego. Hoxe foi un día afortunado, entre outro porque aprendín algunha que outra cousa e reafirmei moitas das posturas que xa sostiña. Pero, entre o máis destacado, atòpase o feito de que se ben os refráns populares constan de dúas partes, de substituíres a segunda pola frase 'patada nos collóns' a sentenza cobra unha segunda interpretación moi moi interesante. Pondo como exemplo 'a quen madruga... patada nos collóns' ou 'máis vale paxaro en man que patada nos collóns'. Malia o cansazo acumulado nesta segunda xornada, estou contento de ampliar, tan positivamente, os meus coñecementos sobre o refraneiro popular. Grazas Marcos.

Comentários

Anônimo disse…
Moi interesante isto.
Pola parte de Xinzo tiñamos un que dicía:

Padriño de voda e alcalde de aldea... [quen queira ser que o sea]

saüde