ignorancia supina, ou o que todo bo ecoloxista sabe e o Partido Popular, evidentemente, non

"Escoitei que quen planta o lume son os ecoloxistas para que Galicia recobre a súa identidade. Non sabía se recobraba plantando carballos, unha árbore traída polos romanos" J.A. Landín (Alcalde de Barro)
.
.
cando hai quen, carente de coñecemento e de argumentos fronte calquera aspecto da vida social, atrévese a facer declaracións sen sentido, como as que vimos de ler, a mellor opción é pasar por alto e continuar cos aspectos productivos da vida en sociedade. Per, neste momento, non me podo conter.
.
Por unha parte, sí é posible que algún dos alcaldes, do Partido Popular que gobernan en Galiza, si foran traídos polos romanos, polo que, en consecuencia e dadas as declaracións do alcalde de Barro, non formen parte da identidade deste país. Pero, señor alcalde, foron os castiñeiros, tamén unha frondosa, e non os carballos os que se cre que foron introducidos polos romanos.
Por outra parte, señor Landín, os eucaliptos forman parte do grupo de especies pirófitas, o que quere dicir, señor Landín, entre outras cousas, e para resumir, que a dispersión das súas sementes vese beneficiada pola presenza do lume. Polo que, podemos deducir, que se algún ecoloxista buscase desfacerse dos eucaliptos, en ningún caso prendería lume ao monte, xa que formaría un caldo de cultivo excelente para a propagación dos eucaliptos.
Señor Landín, fale co seu amigo, o alcalde de Negreira, que disque ten unhas ansias enormes por asfaltar o país, para que os seus conveciños podan andar en sapatillas (que disque é moi cómodo), e indaguen xuntos as posibles causas dos incencios.

Comentários

Anônimo disse…
Moi atinado, meu. E pensar que ese Landín é o salvador que sacou o PP do peto para pretender acabar con "eses do Nunca Máis" na súa contracampaña incendiaria fascista e suicida... Manda carallo! Patético!
Lúa disse…
Meu eiqui é o de sempre: moito lirili e pouco lerele!; en fin....

Meu pai tamen baixou cara a ( mais ben mis avos) zona de Mugardos, jejejeje. Aledome de coñecerte tamen.
Anônimo disse…
Lei e trampa...

Nesta hora o río Umia está a morrer por mor doutro negocio privado... E aí seguen os mesmos caciques grotescos a ridiculizar calquera esforzo por sacudirnos o espectro da súa imbecilidad. A impunidade onde se estuda? Con que se compra?

A ver ata onde chega o desenvolvemento...
A ver ata onde chegan as reformas...
A ver que hostias fago eu con toda esta rabia...
Anônimo disse…
As últimas investigacións sobre rexistros polínicos confirman que o castiñeiro non o trouxeron os romanos, xa estaba de antes. Os romanos espallaron o seu cultivo como froiteira.