andas á procura?

Búsqueda personalizada

sexta-feira, setembro 29, 2006

política forestal

acabo de saír da segunda xornada dun curso sobre a política forestal, organizado polos compañeiros/as do Sindicato Labrego Galego. Hoxe foi un día afortunado, entre outro porque aprendín algunha que outra cousa e reafirmei moitas das posturas que xa sostiña. Pero, entre o máis destacado, atòpase o feito de que se ben os refráns populares constan de dúas partes, de substituíres a segunda pola frase 'patada nos collóns' a sentenza cobra unha segunda interpretación moi moi interesante. Pondo como exemplo 'a quen madruga... patada nos collóns' ou 'máis vale paxaro en man que patada nos collóns'. Malia o cansazo acumulado nesta segunda xornada, estou contento de ampliar, tan positivamente, os meus coñecementos sobre o refraneiro popular. Grazas Marcos.

quarta-feira, setembro 27, 2006

novas

'Kalaikia' (http://www.apeneira.com/kalaikia/) é o suplemento cultural do xornal A Peneira (www.apeneira.com ), onde poderedes seguir o meu 'Efecto Iguana', novela por entregas.
agardo que sexa do voso agrado.


para rematar con esta xeira de videos, aquí vos deixo esta achega de Bocixa sobre o conflicto vivido nas Encrobas.

terça-feira, setembro 19, 2006

GZ

sábado, setembro 16, 2006

colmar (alsacia)

quinta-feira, setembro 07, 2006

Propaganda e máis nós

As imaxes esperpénticas das últimas semanas, que denotaban a incapacidade e o oportunismo da reacción do Partido Popular perante aos sucesos do pasado mes de agosto, mostrando a un Feijoo vestido de domingo presto a brandir unha mangueira de xardín contra un lume provocado, transportáronme anos atrás, en plena campaña electoral italiana, onde Berlusconi accedeu ao poder como primeiro ministro da República aló, se non erro, polo ano 2000. Naquel entón eu asistía ás performances de Giorgio Straccivarius no perugino Pub Kandinsky, este ex-membro do Partito Radikale de Perugia, logo asimilado por Rifondazione Comunista. Naquelas noites de domingo, o Kandisnky, era o único lugar onde se podía escapar da propaganda perfectamente estudada e dirixida do futuro primeiro ministro. Propaganda que cambiaba segundo os barrios. Así, ao entrares en Roma pola autoestrada, na saída cara os barrios daqueles máis podentes, líase a mensaxe tranquilizadora de ‘máis seguridade para as nosas rúas’, mentres que fronte a Via della Pallota, o meu barrio perugino onde se localizaban familias modestas e traballadoras xunto con inmigrantes e estudantes coma min sen moitos recursos, a mensaxe era máis clara il presidente operaio (o presidente operario). Era claro que, máis aló do absurdo da sentenza, o señor Berlusconi ríase dos traballadores e traballadoras da república italiana, como nestas semanas ríronse de nós aqueles que van apagar o lume enarborando fumegantes cigarros, agardo que non Habanos, tan só para saír nunha foto tan propagandística como ridícula.

sábado, setembro 02, 2006

ignorancia supina, ou o que todo bo ecoloxista sabe e o Partido Popular, evidentemente, non

"Escoitei que quen planta o lume son os ecoloxistas para que Galicia recobre a súa identidade. Non sabía se recobraba plantando carballos, unha árbore traída polos romanos" J.A. Landín (Alcalde de Barro)
.
.
cando hai quen, carente de coñecemento e de argumentos fronte calquera aspecto da vida social, atrévese a facer declaracións sen sentido, como as que vimos de ler, a mellor opción é pasar por alto e continuar cos aspectos productivos da vida en sociedade. Per, neste momento, non me podo conter.
.
Por unha parte, sí é posible que algún dos alcaldes, do Partido Popular que gobernan en Galiza, si foran traídos polos romanos, polo que, en consecuencia e dadas as declaracións do alcalde de Barro, non formen parte da identidade deste país. Pero, señor alcalde, foron os castiñeiros, tamén unha frondosa, e non os carballos os que se cre que foron introducidos polos romanos.
Por outra parte, señor Landín, os eucaliptos forman parte do grupo de especies pirófitas, o que quere dicir, señor Landín, entre outras cousas, e para resumir, que a dispersión das súas sementes vese beneficiada pola presenza do lume. Polo que, podemos deducir, que se algún ecoloxista buscase desfacerse dos eucaliptos, en ningún caso prendería lume ao monte, xa que formaría un caldo de cultivo excelente para a propagación dos eucaliptos.
Señor Landín, fale co seu amigo, o alcalde de Negreira, que disque ten unhas ansias enormes por asfaltar o país, para que os seus conveciños podan andar en sapatillas (que disque é moi cómodo), e indaguen xuntos as posibles causas dos incencios.