Fai algún tempo comprometérame a facer, cando menos, un par de entradas ao mes nesta bitácora.Tratárase dun compromiso comigo mesmo, polo que ninguén se sentíu ofendido a primeira vez, unha de moitas, que non cumprín co prometido. Pensara en cotinuar con aqueles breviarios, ou contos da avoa-aquela señora de idade indeterminada e tremendamente prolífica (da que non se sabe se é nai do Dickens ou máis ben dalgún dos perversos membros dos Smashing Pumpkins)-, cos que nutrira outros espazos hai xa tempo. Esa pseudociencia fricción morbosa que semellaba non levar a ningures.
Pouco cambiou, debo dicir, dende aqueles tempos nos que me mostraba a corpo con asiduidade. Tan só a miña capacidade para acceder a estes e outros espazos. Manteño a orientación daquel camiño que comezara hai tempo, sempre lidiando cuns e outros, máis tamén cun mesmo que, ás veces, tampouco responde como debera.
Deste xeito descúbrome nun posible punto de inflexión, despois daquel primeiro e que co tempo cheguei incluso a considerar único. A posibilidade dun novo proxecto faime rachar co silencio para adicarme unhas letras a min, que tan abandonado me tiña. Agardo, polo tanto, que saia a diante e que en breve poda adicarme outras liñas.

Comentários