andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, agosto 03, 2006

De non haber humidade. Autopoética

Un tipo bébedo golpea, a altas horas da madrugada, o soporte metálico dun farol no medio dunha rúa.
Outro home, que pasa, pregúntalle:
-Oes, e logo que fas?
-Estou chamando á porta da casa.
(silencio)
-Pois sígueo intentado, que luz haina.
.
Falo sobre min porque considéroo o mellor xeito de reflectir o mundo.
.
Moito antes de materializar unha ideoloxía, debemos modelar o entorno para atopar uns alicerces nos que asentala.
.
A humidade serve de fío condutor.
.
A humidade é espello, descóbrenos de nós o máis íntimo, é instinto.
A humidade vai á deriva.
.
.
Alberte Momán

2 comentários:

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

vaia!!

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

por certo, a miña familia é de Moman, igual hasta nos coñecemos, teño ido moito fai tempo á festa. Saúdos!!!!