autopoética. yolanda castaño

O que interesa son os meus pasos. Coma un bosque de símbolos do que a miña ignorancia é significativa. Unha sorte de pálpitos que se lle entrega á miña man antes das horas. Unha condena que mece os meus insomnios. Pero é últimamente unha cerimonia mendiga, a máis pura. Que borrei todo asideiro, deitei, e non quero ser lista. Este é un labirinto de espellos encontrados e á orixinal xa non a recoñezo. Coma teatros concéntricos. Máis que a escura liña entre a que me quero nacer e a que se mata. Ou o que queda de exvoto nos meus velocinos. Así me convirto na larva do resto dos instintos. E non serve comprender. (A que non entendeu nada pero sentiuno todo). Porque a forma morreu. Que viva pois a forma. Recibe o soño da que te contempla oh contemplado. Dame palabras que aínda así aguilloen o meu cerne, o suxerido entre sombras, o que tira da intelixencia. Cando a beleza se desvista da beleza gozarás que xa só sexa. Só sexa. ...........Dame non cesar de desexar, aínda que atope. ............O tacto, o privilexio, as .......ganas de tirarse.
.
.
Yolanda Castaño
http://www.yolandacastano.com/

Comentários

llll disse…
onde te metes?
segues vivo?

:(