andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, maio 30, 2006

autopoética. Ana Cibeira

Por que os versos non chegan
............................................ó final
.
.
Non é unha elección no meu caso escribir versos e non contar historias.
Das narrativas, esquezo tódolos finais, como se comeza a construí-la casa impórtame pouco. É a propia casiña e realmente a vida que leva dentro - sempre imaxinada, pra cada un de nós distinta - o que me perde. O noso reto é facer da pel e tódolos latexos, expresión.
.
Interésame máis a causa de por que se quere abri-la boca, cal é o pulo que lle leva a cada un no día a día a intervir, e aos que escriben a usar o sangue como tinta, que calquera ficción fermosamente relatada.
.
A poesía, porque me achega directamente á vida. A través da estética empregada sei quen fala e coido que nada no mundo me interesa máis que ese poder ser por un intre outra mirada, outra voz - humana - ...aínda que pareza escura a miña condición.
.

.
Ana Cibeira, Maio 2006
www.anacibeira.blogspot.com

Nenhum comentário: