andas á procura?

Búsqueda personalizada

sábado, abril 08, 2006

enfío

Néctar
.
.
o abril das partículas cincentas
como a presenza do colibrí
na primeira das visitas
ás tres illas futuras
.
somos un único pobo mestizo
con aroma a figurante
.
abro uns beizos como brazos
e vibro sen dor
entre os cabelos arroupados polas miradas
de alfándega
.
son mercadoría de corpo nu
non misericordia
sobre verdades absolutas
.
penduro as palabras que vou deitando
sobre as partes ocultas de todos os corpos
sentindo as beirarrúas como fíos condutores
do verso
.
a estrada faise breve
na figuración dun adeus militante
xa a cincenta vai arrastrando o sangue
da súa virxindade
polo deserto de asfalto

Um comentário:

ana c. disse...

canto me gusta este poema, alberte.
obrigada sempre, ana