andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, abril 30, 2006

mamíferos

.
que é un director de empresa? alguén que quere obligarlle a vostede a traballar doce horas ao día polo precio de seis, que critica ao Estado e á Administración sen deixar de mendigar subvencións.
.
'Mamíferos'. Pierre Mérot

sexta-feira, abril 21, 2006

intensidez

intensidez. pendente
aínda
...
levo comigo un fragmento
.
en todos os lugares escuros
nas horas
nas intencións
.
as distancias son xa outra cousa
como se non tivesen existido nunca
amerxentes como un fatuo recordo
lonxe
.
vou recollendo os pedazos de min
que non serven e quédome en nada
.
nas oportunidades levo o cansazo
o desalento
tamén
noutros lugares
de máis sinxela descripción
.
deses dinche todo o proveito
agora
resta un compromiso
que levamos
ríxido
para medir as palabras

terça-feira, abril 18, 2006

alberto augusto miranda

leo arditura a m o r
.
.
Sitiado em necessidades
.
não rejeito o prepúcio
gosto de ir à janela
.
sem ser por condição.
.
cornudo: o real
não me é fiel.
.
Ao Amor Um Lugar Grande:
Não o meter em casa.

sábado, abril 08, 2006

enfío

Néctar
.
.
o abril das partículas cincentas
como a presenza do colibrí
na primeira das visitas
ás tres illas futuras
.
somos un único pobo mestizo
con aroma a figurante
.
abro uns beizos como brazos
e vibro sen dor
entre os cabelos arroupados polas miradas
de alfándega
.
son mercadoría de corpo nu
non misericordia
sobre verdades absolutas
.
penduro as palabras que vou deitando
sobre as partes ocultas de todos os corpos
sentindo as beirarrúas como fíos condutores
do verso
.
a estrada faise breve
na figuración dun adeus militante
xa a cincenta vai arrastrando o sangue
da súa virxindade
polo deserto de asfalto