andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, março 08, 2006

leo Asun Árias:
.
Parolar no templo,
Onde as reliquias
Falan en lingua extranxeira.
.
.
Consola a morte
Aos corpos que traen pouca vida.
.
.
¡Recens!
.
As maos que labouran a terra:
.
O castañal
O torgo
A vendima
A tecedeira
O VENTRE DA MULLER.
.
Fiar coa ilusión,
Na roca,
A perpetuación dos corpos.
.
.
Librar nas curvas de Larouco:
.
As augas
A placenta.
.
Estrear a vida nun coche de linea:
Renqueante,
destartalado;
con culata de amianto no motor....
.
Todolos embigos da Parteira da Ilusión
son fermosos.
.
.
Soan as campas no val das fontes.
.
As augas do canto.

Nenhum comentário: