en venta

A permanencia do sempreadeus
.
.
.
Ando á procura da miña parte aliquota de sentimento, dun todo ausente.
.
Comercio cun sen dúbida nos ollos, a vivisección dun terra alén dividido en finas porcións nas que a vaca tamén ri.
.
E na figura hai un adeus, o sen dúbida dunha despedida figurante, un encher os ocos na defensa da contraintención, que son eu, ti, aquel que se oculta por tras do absurdo para non ser sinalado, a fermosa e doce cincenta feromónica. Unha contraintención que disimula o que demos en chamar maldades para autoconvencernos da verdade, desa que nós só sabemos, desa que sentimos perto mentres nos mergullamos soliños na mesma contraintención con forma de vaca morta, de estertor espasmódico, tamén figurante, tamén sen dúbida as coxas da doída cincenta, máis que feromónica, pervertida.
.
Neste texto dun verso só, dun poema tan só, dunha parte aliquota de estupidez entre todas as outras partes proporcionais e ponderadas, nesta verdade contraindicada, nesta soidade indicada sempre polo máis indicado, nesta figura paternal que nos di como habemos ser, na súa parte aliquota que tan ben compartimos, na autocensura que ela provoca, no soño, no verde que sentimos fóra, no fóra que nos sentimos ás veces e no dentro coa feromonía dun sempreadeus como flor nos beizos.
.
E sóltate, sóltate das mans para caer a gusto.
.
Na velocidade que nos proporciona sermos vítimas amordazadas sádicas como un alter ego da submisión, nela figuramos de pernas abertas ao mundo, de posturas innobres fronte á loxa do falo, para ir rematando, exterminando o cincento da feromona.
.
Do gusto por caer, collín a postura.
.
.
.
máis información no dorso

Comentários

Anônimo disse…
e q lle tes pensado dicir adeus para sempre a algo ou alguén?
Anônimo disse…
supoño q a alguem.....
non tiña pensado nada semellante