andas á procura?

Búsqueda personalizada

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

levo a tinta
que impregna os dedos
aos beizos
como querendo marcar as palabras
.
sinto
sen mirarte
caer a auga
esvarando pola nudez
que percorro
ás noites
cando dormes
para saber de ti
todo
.
moldeo coa auga
as miñas formas
segundo a túa figura
para que a memoria
non perturbe o teu descanso

Nenhum comentário: